• Viernes, 19 de abril 2024
  • ABC

COPE

Noticias

Atletismo

El equipo alevín masculino de Lourenzá-Mondoñedo 3ª en el Campeonato Gallego

La sección de atletismo de las Escuelas Deportivas Lourenzá-Mondoñedo ha participado en el campeonato gallego de clubes celebrado en Santiago, donde ha conseguido la tercera posición en la categoría alevín masculino.

cope.escope.es

Tiempo de lectura: 3'Actualizado 09 may 2017

Dende as Escolas Deportivas explicaron que “ata a capital galega desprazáronse catro equipos: benxamín feminino e masculino, alevín feminino e masculino. O campionato celebrouse nunha mañá soleada e cunhas temperaturas moi altas nas horas centrais do día, o que dificultou en certa medida as probas de media e longa distancia. Pese a isto todo os nenos participaron a un gran nivel e obtiveron uns grandes resultados competindo contra outros 16 clubs chegados de toda Galicia. Nesta ocasión o equipo que subiu ó podio foi o alevín masculino, que acadou a 3ª posición. Os benxamíns femininos quedaron en 9ª posición de 14 equipos; benxamín masculino, 6ª posición de 11 equipos; e alevín feminino, 5ª posición de 17 equipos”. Os atletas participantes foron os seguintes: Benxamín feminino: Diana Lastra Rivas. Participou en 50 metros lisos acadando a 5ª posición na súa serie e a 6ª na xeral, cun tempo de 9,05 segundos. Tamén participou en 4 x 50 metros relevos. Valeria Álvarez Fojo. Participou en 500 metros lisos acadando a 6ª posición cun tempo de 1,55 minutos. Tamén participou en 4 x 50 metros relevos. Carmen García Vázquez. Participou en 1.000 metros lisos, acadando a 10ª posición cun tempo de 4,15 minutos. Tamén participou en 4 x 50 metros relevos. Jimena Otero Palacios. Participou en lanzamento de peso, acadando a 7ª posición cun lanzamento máximo de 3,88 metros. Antía Iglesias Terrón. Participou en 1.000 metros marcha, acadando a 10ª posición. Aldara Fernández García. Participou en salto de lonxitude, acadando a 9ª posición cun salto máximo de 2,43 metros. Tamén participou en 4 x 50 metros relevos. O equipo benxamín feminino acadou a 4ª posición na súa serie e 9ª na xeral na proba de 4 x 50 metros lisos relevos cun tempo de 37,55 segundos. Benxamín masculino: Adrián Rodríguez Pérez. Participou en 50 metros lisos, acadando a 1ª posición da súa serie e 2ª da xeral, cun tempo de 8,60 segundos Tamén participou en 4 x 50 m. relevos. Manuel Rodríguez García. Participou en 500 metros lisos, acadando a 8ª posición cun tempo de 1,50 minutos. Tamén participou en 4 x 50 m. relevos. Brais Díaz Salas. Participou en 1.000 metros lisos, acadando a 9ª posición cun tempo de 4,03 minutos. Fernando Vallines Fernández. Participou en lanzamento de peso, acadando a 3ª posición cun lanzamento máximo de 6,25 metros. Tamén participou en 4 x 50 metros relevos. David Martínez Janeiro. Participou en salto de lonxitude, acadando a 5ª posición cun salto máximo de 2,91 metros. Tamén participou en 4 x 50 m. relevos. O equipo benxamín masculino acadou a 3ª posición tanto da súa serie como da xeral na proba de 4 x 50 metros lisos relevos, cun tempo de 34,44 segundos. Alevín feminino: Ainara Rodríguez Ares. Participou en 60 metros lisos, acadando a 1ª posición da súa serie e 2ª da xeral cun tempo de 9,34 segundos. Tamén participou en 500 metros lisos acadando a 1ª posición cun tempo de 1,31 minutos. Ana Vallines Fernández. Participou en 1.000 metros lisos, acadando a 6ª posición cun tempo de 3,53 minutos. Tamén participou en salto de altura, acadando a 6ª posición cun mellor salto de 1,19 metros. Mencía Martínez-Sierra Franganillo. Participou en lanzamento de peso, acadando a 4ª posición cun lanzamento máximo de 7,52 metros. Hiba Bouyzar. Participou en 2.000 metros marcha, acadando a 11ª posición. Tamén participou en 4 x 60 metros relevos. Ainhoa López Iglesias. Participou en salto de lonxitude, acadando a 5ª posición cun mellor salto de 3,41 metros. Tamén participou en 4 x 60 metros relevos. Aroa Sordo Álvarez. Participou en relevos 4 x 60 metros lisos. Carme Alonso Mourelle. Participou en relevos 4 x 60 metros lisos. O equipo alevín feminino acadou a 3ª posición da súa serie, 13ª da xeral, na proba de 4 x 60 metros lisos relevos, cun tempo de 41,03 segundos. Alevín masculino: Aleix Díaz Salas. Participou na proba de 60 metros lisos, acadando a 1ª posición, tanto da súa serie como da xeral, cun tempo de 9,18 segundos. Tamén participou en relevos 4 x 60 metros lisos. Alexandre Santiago López. Participou na proba de 500 m. lisos, acadando a 2ª posición cun tempo de 1,30 segendos. Tamén participou en salto de altura, acadando a 2ª posición cun salto máximo de 1,19 metros. Hugo Villalba León. Participou na proba de 1.000 metros lisos, acadando a 6ª posición cun tempo de 3,36 minutos. Tamén participou en relevos 4 x 60 metros lisos. Samuel Debasa López. Participou na proba de lanzamento de peso, acadando a 10ª posición cun mellor lanzamento de 4,76 metros. Tamén participou en relevos 4 x 60 metros lisos. Imad Itrih. Participou na proba de 2.000 metros marcha, acadando a 6ª posición. Nicolás Álvarez Fojo. Participou na proba de salto de lonxitude, acadando a 7ª posición cun mellor salto de 3,47 metros. Tamén participou en relevos 4 x 60 metros lisos. O equipo alevín masculino acadou a 4ª posición na súa serie, 5ª da xeral, na proba de 4 x 60 metros lisos relevos, cun tempo de 39,82 segundos.  

Radio en directo COPE
  • item no encontrado

En directo

Directo Poniendo las Calles

Poniendo las Calles

Con "El Pulpo"

Escuchar