• Miércoles, 24 de abril 2024
  • ABC

COPE

Noticias

Ribadeo | Es el puerto más competitivo de la zona galaico-asturiana

ENCE tiene firmado un convenio para utilizar el puerto de Mirasol hasta el 2020

El presidente de Portos de Galicia, José Juan Durán, destacó el compromiso de la Xunta con el blindaje en la actividad de ENCE en el puerto comercial de Mirasol. Las explicaciones las dio el presidente de Portos en la Comisión de Pesca del Parlamento Gallego, donde fue interpelado por el diputado mariñana, José Manuel Balseiro. José Juan Durán confirmó que la papelera naviega tiene firmado un convenio con la Xunta que garantiza hasta el 2020 la utilización preferente de la dársena comercial de Ribadeo y ejecutado inversiones, mejoras y descuentos en las tarifas que convierten a Mirasol en el puerto comercial más competitivo de la zona galaico-asturiana.

cope.escope.es

Tiempo de lectura: 2'Actualizado 26 may 2017

O voceiro do Mar do Grupo Parlamentario Popular, Jose Manuel Balseiro, salientou o compromiso da Xunta coa blindaxe da actividade de ENCE no porto comercial de Ribadeo. O parlamentario mariñán fixo estas declaracións logo de interpelar ao Presidente de Portos de Galicia, esta tarde, durante a Comisión de Pesca do Parlamento galego. O MÁIS COMPETITIVO Jose Juan Durán asegurou que Portos de Galicia “ten demostrado o seu compromiso co peirao de Mirasol, dentro do compromiso xeral coa activación económica da Mariña lucense”, e nese senso lembrou investimentos que superan os 2 millóns de euros e destinados á dragaxe, á ampliación do peirao e mellora dos servizos auxiliares, ou desenvolvido descontos tarifarios que o converten no porto comercial máis competitivo da zona galaico-asturiana. “Fixemos obras, negociamos réximes tarifarios específicos en base a seu nivel de actividade, establecemos un marco rexedor das obrigas da empresa e da Administración para garantir ata 2020 o traballo coordinado e seguiremos traballando nesta liña”- dixo Jose Juan Durán. Tanto o representante do  Grupo Parlamentario Popular como o propio Presidente do Ente público portuario insistiron na importancia de eliminar calquera sospeita de dúbida sobre a relevancia que desde a Xunta se outorga a que a actividade de Ence en Mirasol continúe desenvolvéndose cando menos co ritmo que o veu facendo. “Nelo poremos todo o noso empeño e esforzo e realizaremos as accións e actuacións que sexan necesarias para cumprir así coa nosa obriga”-concluíu Jose Juan Durán quen tamén confirmou, a pregunta do Grupo Popular, que a papeleira naviega ten asinado un convenio coa Xunta que garante ata 2020 o uso preferente da dársena comercial de Ribadeo. VÍA DE COMUNICACIÓN FLUÍDA COA EMPRESA O Presidente de Portos de Galicia tamén concretou que mantén unha fluída vía de comunicación cos responsables da empresa “a fin de obter o máximo rendemento da relación entre ente público e operador e intercambiar calquera tipo de información de primeira man, como corresponde”. Así mesmo, “ambas partes, Portos de Galicia e a empresa mantemos un contacto regular a nivel técnico, a través dos profesionais especializados que foron designados para conformar a comisión de seguemento do convenio asinado en 2010”. Segundo Balseiro, con independencia dos plans que poida ter o Executivo socialista “ hai suficientes garantías para asegurar que a peirao comercial de Ribadeo seguirá a ser un motor motor de xeración de riqueza e emprego, unha infraestrutura estratéxica que poderá contribuír de xeito decisivo na reactivación económica da nosa comunidade. Balseiro concluíu sinalando que o PP foi a primeira forza política  comprometida coa ofensiva en defensa do porto comercial de Ribadeo e continúa nesta liña de apoio. “Debemos lembrar que, un tráfico portuario que PSOE e BNG daban por perdido  hoxe  está consolidado e fixo falta moito sentido común, disposición para o entendemento e unha oferta sólida, crible e difícil de rexeitar para conseguilo”

Radio en directo COPE
  • item no encontrado

En directo 2

Directo Herrera en COPE

Herrera en COPE

Con Carlos Herrera

Escuchar