• Viernes, 29 de marzo 2024
  • ABC

COPE

Noticias

Cervo |

Dos opciones para este verano "repasando en vacaciones" y "Enredos de verano"

Con esta programación, desde el Ayuntamiento de Cervo, pretenden ofrecer actividades para llenar de contenido el tiempo libre de la juventud en los meses vacacionales.

cope.escope.es

Tiempo de lectura: 2'Actualizado 09 may 2017

O Concello de Cervo porá en marcha este verán dous programas de actividades dirixidas aos nenos e nenas do municipio en idade escolar a través da Concellería de Educación. Por unha banda, ofrecerá “Repasando en vacacións”, unha iniciativa de apoio e reforzo para o alumnado de infantil, primaria e secundaria de todo o municipio na que poderán repasar as materias estudadas durante o curso así como avanzar contidos de cara ao seguinte. Unha actividade gratuíta que se impartirá nos locais sociais e escolas das parroquias así como no Ecomuseo de Cervo e a Casa do Mar en San Ciprián que estará activa durante os meses de xullo e agosto e na que o Concello conta coa colaboración da ANPA do CEIP Cervo. Ao remate do curso realizarase unha excursión ao Museo Arqueolóxico do Castro de Viladonga, en Castro de Rei, onde os nenos asistirán a unha visita teatralizada. A inscrición pode realizarse no mesmo colexio de Cervo durante este mes. Esta mañá o alcalde de Cervo, Alfonso Villares, a edil de Educación, Pilar Armada, a presidenta da ANPA do CEIP Cervo, Pilar Montero e a tesoureira, Maribel Seijo presentaron “Repasando en vacacións” co obxectivo de “conseguir que se beneficie deste servizo o máximo número de alumnos posible”, asegura Armada. Cabe destacar que a actividade organizarase por grupos e cada un recibirá dúas horas de clase á semana. “Enredos de verán” Ao mesmo tempo, Educación dálle continuidade ao programa “Enredos de verán”, un espazo lúdico para nenos de infantil e primaria que se desenvolverá de luns a xoves en San Ciprián. A Casa do Mar será a sede e o punto de encontro, aínda que en moitas ocasións os Enredos sairán ao aire libre para a práctica de surf ou de skate entre outras actividades. Ao mesmo tempo, haberá xogos, manualidades, maxia, cociña, circo e outras iniciativas adaptadas aos gustos dos participantes. As inscricións poderanse realizar na Casa da Cultura, achegando a folla de inscrición que será entregada ao alumnado nos colexios. A edil de Educación asegurou que ambos programas compleméntanse, xa que un está enfocado á aprendizaxe e outro ten unha vertente máis lúdica, “pero ao final, en ambos casos, cúmprense os dous obxectivos”.

Radio en directo COPE
  • item no encontrado

En directo

Directo Herrera en COPE

Herrera en COPE

Con Carlos Herrera

Escuchar