También en directo
Ahora en vídeo
  • megabanner_1:No existe configuración de publicidad para el slot solicitado
Mondoñedo |

Diputación y Xunta pelean por quien llegó primero a Pausalido

El presidente de la Diputación, José Ramón Gómez Besteiro, visitó la zona para anunciar que en la Junta de Gobierno de mañana, aprobarán una línea de financiación de 33.000 euros para despejar los accesos viarios a la vivienda incomunicada. Raquel Arias, la delegada territorial de la Xunta, lamenta que Besteiro “no tenga pudor en buscar una foto” y venda como gestión ágil acudir “dos meses después da la Xunta” a colaborar con el Ayuntamiento de Mondoñedo

O Presidente da Deputación, José Ramón Gómez Besteiro, e o Concelleiro de Servizos de Mondoñedo, Modesto Díaz García, mantiveron este mércores un encontro coa familia de Pausalido que se atopa illada dende decembro, cando as choivas provocaron derrubamentos de terra na zona, cortando os accesos viarios á súa vivenda. Logo de tres meses nos que o municipio mindoniense atendeu as necesidades destes veciños á espera dunha resposta por parte da Xunta como administración responsable das emerxencias en Galicia tal e como establece a Lei, Deputación e Concello de Mondoñedo poñen fin “ó abandono no que se atopa esta familia ante a desidia do Goberno galego”. Gómez Besteiro avanzou que a Xunta de Goberno Provincial aprobará o venres un convenio mediante o cal a Deputación habilitará unha liña de financiamento de 33.000 euros ó Concello, adiantándolle deste xeito o orzamento necesario para asumir os traballos que permitan despexar a zona. Posteriormente, o Concello deberá devolver este presuposto ó organismo provincial. Díaz García subliñou que coa colaboración da institución luguesa o municipio poderá contratar estas actuacións, consistentes na retirada do material acumulado e na construción dun muro de escolleira para evitar que esta situación se repita, para a súa inmediata execución.  Con esta liña de financiamento, o Presidente cumpre coa palabra dada ó Concelleiro que reclamou axuda ó organismo provincial ante a falta de recursos municipais e da resposta da administración galega coas competencias na materia. A Lei de Emerxencias de 2007 di, textualmente, que “corresponde a la Xunta de Galicia la gestión de las emergencias que superen los medios de respuesta de que disponen las entidades locales”. Esta situación fixo que, dende o 16 de decembro, tres persoas dunha mesma familia de Pausalido estivesen illados, recibindo axuda diaria por parte do Concello de Mondoñedo, que puxo á súa disposición medios persoais e técnicos. Durante estes tres meses, dúas persoas da entidade local están pendentes cada día de recoller a unha cativa, ás oito da mañá, cun tractor e un todoterreo, para levala á parada do autobús escolar máis próxima. Pola tarde, volven a recollela. Ademais, encárganse de levar á vivenda o que necesiten, dende comida ata material para atender a explotación gandeira. “Garantir os mesmos dereitos ós veciños, vivan onde vivan” O titular provincial subliñou que, tendo en conta que a xestión de emerxencias non é competencia das Deputacións senón da Xunta de Galicia, “a única fórmula que atopamos para poñer fin a esta situación é facer unha transferencia de cartos ó Concello, que terá que devolver en 3 anos, xa que estamos ante problema nunha vía municipal debido ás condicións climatolóxicas, que provocaron emerxencias como esta en toda Galicia. Buscar culpables non serve de nada cando o problema, neste caso unha familia incomunicada, segue aí. Hai que actuar e executar as competencias para garantir os mesmos dereitos e deberes a todos os veciños, vivan onde vivan, na Coruña ou nesta parroquia de Mondoñedo”.   A delegada territorial da Xunta, Raquel Arias, lamentou que o presidente da Deputación de Lugo, José Ramón Gómez Besteiro, “teña pouco pudor” e se achegue a Mondoñedo a vender como unha xestión áxil “acudir dous meses despois da Xunta para colaborar co Concello mindoniense” na resolución do problema causado polos desprendementos na estrada de Orxal a Pausalido. Arias, que considerou unha satisfacción que a familia que permanecía con problemas de transporte poida ter resoltas estas dificultades, estimou que Besteiro amosa “dubidoso estilo e escaso decoro” ao prestarse “a retratarse agora como salvador dun problema que lle competía e no que tardou case tres meses en actuar”. A delegada territorial recordou que, hai arredor de dous meses, a Xunta, a través da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas “foi o primeiro departamento institucional que non reparou en iniciar a colaboración co Concello de Mondoñedo para subsanar este problema” na estrada de Orxal a Pausalido. Aínda que a estrada non é de titularidade autonómica, puntualizou Arias, “o Executivo galego atendeu a demanda de colaboración realizada polo alcalde de Mondoñedo e púxose en marcha para abordar o problema”. Nese momento, técnicos do departamento autonómico desprazáronse ata a zona e realizar un estudo para determinar a actuación a seguir. Este estudo foi remitido tan rápido como foi rematado ao Concello de Mondoñedo para proceder a solucionar a inestabilidade que xeraba un noiro no vial de acceso de Orxal a Pausalido, a altura da parroquia de Argamoso. Á vista de todo isto, Arias queixouse de que o presidente da Deputación de Lugo estea embarcado nunha campaña política que o fai “estar disposto a proxectar a súa imaxe particular fóra da provincia a calquera prezo”, chegando a ser capaz de “distorsionar a realidade con tal de atacar á Xunta”.