• Jueves, 25 de abril 2024
  • ABC

COPE

Noticias

Lugo |

La Diputación salda una deuda histórica al recuperar la colección de Álvaro Gil

El presidente del ente provincial, José Ramón Gómez Besteiro, tras el acuerdo alcanzado por el equipo de gobierno con los herederos de Álvaro Gil, anunció que las piezas de orfebrería volverán a exponerse en el Museo Provincial. La Diputación compra por 2.346.200 euros las 40 piezas del legado de Álvaro Gil; a lo que hay que sumar 600.000 euros de costes judiciales. En total unos 500 millones de las antiguas pesetas a pagar en cinco anualidades.

Rueda de prensa donde anuncian los acuerdos

Rueda de prensa donde anuncian los acuerdos

cope.escope.es

Tiempo de lectura: 3'Actualizado 09 may 2017

A Deputación de Lugo saldou unha débeda histórica máis da provincia ó recuperar a colección de ourivaría de Álvaro Gil para o Museo Provincial, “conseguindo que pase a ser para sempre patrimonio de todos os lucenses”. Así o destacou o Presidente, José Ramón Gómez Besteiro, que ofreceu este xoves en San Marcos unha rolda de prensa acompañado do delegado da área de Cultura, Mario Outeiro, e o secretario do organismo lugués, José Mourelle Cillero, para informar dos detalles do acordo acadado cos herdeiros de Álvaro Gil. Segundo explicou Besteiro, hoxe mesmo presentou á Xunta de Voceiros o acordo, que será sometido a votación no Pleno do vindeiro martes. A Xunta de Goberno dará luz verde a vindeira semana ás prescricións técnicas e de cláusulas administrativas que rexerán o contrato de compra venda que asinarán a Deputación e os herdeiros do mecenas. O Presidente adiantou que as 40 pezas de ourivaría estarán de novo expostas no Museo Provincial entre finais de agosto e principios de setembro. “Desbloqueamos a transferencia dos hospitais, pagamos a 16 Concellos 11 millóns de euros do canon hidroeléctrico, puxemos en marcha os parques de bombeiros, construímos a sede da UNED de Lugo e recuperamos o Pazo de Tor. Agora resolvemos esta última débeda que deixou o Partido Popular” cun acordo, que “supón a volta á casa do legado de Álvaro Gil”, subliñou Gómez Besteiro, engadindo que este é “un éxito de todo o equipo de goberno, das dúas forzas políticas que o conforman, PSOE e BNG, que actuamos con prudencia, seriedade e responsabilidade”. Neste senso, agradeceu o traballo desenvolvido “polo equipo da Secretaría e de todos os funcionarios da Deputación” para resolver unha situación para a que a institución luguesa fixo “unha oferta seria, rigorosa, pública e única”. Máis beneficioso para a Deputación e os lucenses A Deputación comprará por 2.346.200 euros as 40 pezas de ourivaría do legado de Álvaro Gil, ó que se suman 600.000 euros de costas xudiciais, co que o importe total é de 2.964.000 euros. O Presidente explicou que o acordo asinado “é máis beneficioso para os intereses xerais da Deputación e de todos os lucenses” que o plantexado anteriormente por dúas cuestións fundamentais: - Por un lado, os herdeiros renuncian, dende o momento da firma do contrato de compra venda, a reclamar danos e prexuízos a través de calquera acción, administrativa ou civil, ademais de desistir da que xa teñen iniciada en maio deste ano ante a Deputación e que ascende a 2,7 millóns de euros. - Por outra banda, o organismo provincial efectuará o pago en cinco anualidades (de 2014 a 2018), adquirindo a propiedade por lotes,  pero a familia comprométese a entregarlle todas as pezas en depósito tras a sinatura do contrato. O Presidente desvelou así mesmo que o acordo cos herdeiros de Álvaro Gil estaba listo para presentalo no anterior Pleno provincial, pero foi unha decisión política aprazar o anuncio ata despois das europeas “para non interferir na campaña electoral, unha característica deste goberno e das dúas forzas que o compoñen da que outros deberían aprender”. En cinco anualidades Pola súa banda, Mario Outeiro agradeceu o apoio prestado pola Presidencia da Deputación e o equipo de Secretaría e Intervención para alcanzar o acordo cos herdeiros de Álvaro Gil. Incidiu así mesmo na “total discreción e transparencia de cara á oposición e á sociedade coa que se desenvolveron as negociacións”, que desembocaron nun “acordo de goberno para a recuperación dun destacado tesouro do patrimonio material galego”. Outeiro indicou que a Deputación efectuará o pago en 5 anualidades, entre este 2014 e o 2018, coa seguinte distribución: ano 2014, 6.000 euros por 5 pezas; ano 2015, 568.500 euros por 10 pezas; ano 2016, 568.600 euros por 6 obras; ano 2017, 583.000 euros por 15 pezas; e ano 2018, 584.100 euros, por 4 pezas.

Radio en directo COPE
  • item no encontrado

En directo

La Tarde

Pilar Cisneros y Fernando de Haro.

Reproducir
Directo La Tarde

La Tarde

Pilar Cisneros y Fernando de Haro.

Escuchar