También en directo
Ahora en vídeo
  • megabanner_1:No existe configuración de publicidad para el slot solicitado
Lugo |

La Diputación refuerza las mejoras en los 4.200 kilómetros de la red viaria provincial con el Plan de Rebacheo

El diputado de gestión territorial, Manuel Martínez, ha supervisado actuaciones de este plan, que se llevará a cabo en los 67 ayuntamientos lucenses y que consiste en el acondicionamiento con riego asfáltico de toso los puntos kilométricos de carreteras provincial que lo necesiten. Este programa cuenta con una partida presupuestaria de 11,5 millones de euros y se lleva a cabo con 115 operarios y 53 máquinas.
Manolo Martínez en las obras que ha visitado en Cospeito
Manolo Martínez en las obras que ha visitado en Cospeito

O Deputado de Xestión Territorial, Manuel Martínez, supervisou este mércores na LU-P-1611 ao seu paso por Cospeito as actuacións de mellora que a institución leva a cabo na rede viaria provincial a través do Plan de Rebacheo, e que reforzan ás dos plans de Conservación e do Parque Móbil. Con estas tres programacións, son 115 operarios e 53 máquinas os que se atopan distribuídos na rede viaria máis extensa de España, acondicionando os máis de 4.200 quilómetros que a compoñen e que discorren polos 67 Concellos da provincia. Martínez explicou que, aproveitando as boas condicións climatolóxicas, a Deputación puxo en marcha nos pasados días o Plan de Rebacheo. Consiste no acondicionamento con rego asfáltico de todos e cada un dos puntos quilométricos de estradas provinciais que o necesiten. Polo tanto, supervisarase o 100% da rede viaria provincial, que se divide en 8 zonas e que integran os 67 Concellos lugueses. O plan arrancou en vías de Cospeito, Cervo e Riotorto, municipios das zonas 1, 2 e 3. Rematas as actuacións nos 33 Concellos que forman parte destas zonas, os traballos continuarán nas restantes 5 zonas e 34 municipios.  Encárganse da execución do Plan de Rebacheo 32 operarios e 16 máquinas. Simultaneamente, realizan máis melloras na rede viaria provincial 48 operarios e 12 máquinas a través do Plan de Conservación; así como outros 35 operarios e 25 máquinas do Parque Móbil Provincial. Compoñen un dispositivo de 115 traballadores e 53 vehículos. 11,5 millóns de euros O Plan de Rebacheo faise con cargo á partida de 11,5 millóns de euros do Presuposto de 2015 para infraestruturas. Ademais desta programación, con este orzamento finánciase o Plan de Conservación; o Plan de Obras e Servizos (POS), que a Deputación pasou a financiar nun 65% posto que o Goberno Central suprimiu a súa achega; o Plan de Infraestruturas Veciñais ou o Programa Estratéxico de Infraestruturas do Medio Rural (PEIM), programa europeo que a Deputación de Lugo pasou o financiar nun 11% mentres a Xunta aporta o 2%. Melloras executadas O actual Goberno provincial triplicou o número de quilómetros con aglomerado en quente, facendo un esforzo inversor de 70 millóns de euros, e hoxe son 1.000 os quilómetros que contan con este material. Ademais de aglomerar, o Executivo de Gómez Besteiro acometeu dende a súa chegada á Deputación outras importantes melloras nas estradas da súa competencia, como o 1º Plan de Sinalización de toda a rede viaria provincial. Outros exemplo son: Colocou máis de 3.400 sinais (entre circulares, triangulares e stop). Un milleiro de paneis direccionais, para alertar da presenza de curvas perigosas. Máis de 400 balizas de neve, moi necesarias en estradas de alta montaña. Sinalizou mediante hitos quilométricos todas as estradas da rede provincial, coa súa denominación. En total, colocou máis de 4.000 unidades. Instalou cerca de 13.000 metros de barreiras de seguridade e máis de 4.700 metros de proteccións de seguridade para motoristas.    Zonas da rede viaria Para acadar un servizo máis centralizado e eficaz, a Deputación ten distribuída a rede provincial en 8 zonas, nas que se irá actuando en todas co Plan de Rebacheo.   Zona 1: 530 quilómetros de vías nos Concellos do Vicedo, Viveiro, Xove, Cervo, Burela, Ourol, Muras, Xermade e Vilalba. Zona 2: 618 quilómetros nos Concellos do Valadouro, Foz, Alfoz, Barreiros, Lourenzá, Ribadeo, Trabada, Mondoñedo, Abadín, Riotorto, A Pastoriza e A Pontenova. Zona 3: 668 quilómetros nos Concellos de Meira, Pol, Castro de Rei, Cospeito, Outeiro de Rei, Rábade, Lugo, Castroverde, Baleira, O Corgo, Láncara e Baralla. Zona 4: 680 quilómetros nos Concellos de Guitiriz, Begonte, Friol, Guntín, Palas de Rei, Antas de Ulla, Monterroso, Portomarín, O Páramo, Sarria e Paradela. Zona 5: 332 quilómetros nos Concellos de Ribeira de Piquín, A Fonsagrada, Negueira de Muñiz e Navia de Suarna. Zona 6: 334 quilómetros nos Concellos de Becerreá, Cervantes, As Nogais e Pedrafita do Cebreiro. Zona 7: 313 quilómetros nos Concellos de Triacastela, Samos, O Incio, Folgoso do Courel, Quiroga e Ribas do Sil. Zona 8: 738 quilómetros nos Concellos de Bóveda, A Pobra do Brollón, Monforte de Lemos, Sober, Pantón, O Saviñao, Taboada, Chantada e Carballedo.