• Viernes, 29 de marzo 2024
  • ABC

COPE

Noticias

Lugo |

La Diputación insta al Ministerio de Havienda a mantener los servicios en las oficinas de Foz y Monforte

El vicepresidente de la Diputación, Antonio Veiga, criticó que “con su afan de centralizar” el PP está desmantelando y alejando de la ciudadanía los servicios que desde hace 30 años se prestan en la Mariña y ne Monforte. El desmantelamiento de las oficinas de la Agencia Tributaria de Foz y Monforte provocará un encarecimiento de los servicios al tener que desplazarse a Lugo y tendrá consecuencias directas sobre todo para los autónomos.

cope.escope.es

Tiempo de lectura: 2'Actualizado 26 may 2017

Esta mañá, na rolda de prensa trala Xunta de Goberno da Deputación de Lugo, vicepresidente nacionalista da Deputación, Antonio Veiga, instou ao Ministerio de Facenda e Administracións Públicas “a seguir prestando os servizos que até o de agora se ofrecían á cidadanía na administración da Axencia Tributaria de Monforte e da Mariña, evitándolle á veciñanza do sur de Lugo ter que desprazarse para realizar todo tipo de trámites e impedindo que un servizo público se afaste dos cidadáns que atende. O PP estase enfrontando ao pobo, que lle contesta cada día na rúa, ao executar constantemente políticas centralizadoras e discriminatorias co rural baixo o amparo dunha falsa austeridade” Tal e como explicou Antonio Veiga, “a reordenación á que se ven sometidas as oficinas provocará que para moitas xestións as persoas teñan que desprazarse da Mariña e de Monforte a Lugo, co consecuente trastorno persoal, familiar, laboral e económico. Unha vez máis vemos como a política do PP evidencia os seus intereses centralizadores, negándolle á cidadanía das comarcas do rural uns servizos que tiveron desde o ano 1985 até o de agora e desprezando claramente a unhas poboacións fronte a outras. Até agora as declaracións de IRPF ou IVE, xunto coas tramitacións de aprazamentos de pago ou presentación de recursos, é dicir, a tramitación de expedientes de principio a fin, podíanse realizar nas oficinas de Monforte e Foz. De agora en diante estas xestións poderemos inicialas pero a revisión ou tramitación final do expediente non poderá facerse nestas localidades, coa conseguinte necesidade de desprazarse”. “Ao centralizarse o sistema de xestión por módulos van verse especialmente afectados os traballadores autónomos, que si ou si van precisar de desprazarse a Lugo para xestionar a súa documentación. Esta medida supón un claro ataque e vai totalmente en contra das políticas de apoio ao emprendemento e aos autónomos que deberían levarse a cabo” – afirmou Veiga. Por todas estas razóns, Antonio Veiga afirmou que “vemos como esta reforma semella unha invitación ao peche da aministración da AEAT en Foz e Monforte, desmantelando de forma paulatina un servizo público fundamental. Isto é o que se pode desprender da resolución do 15 de febreiro de 2013 na que textualmente di ‘se continúa con el proceso de especialización de las funciones de control, al tiempo que se garantiza un nivel adecuado en los servicios de información y asistencia que se prestan a los ciudadanos’: está claro, un paso a meras oficinas de información que non se xustifica nin polo aforro económico nin obxectiva nin tecnicamente”. “Ademais, isto traerá consecuencias laborais para os traballadores das oficinas da AEAT, xa que nun futuro poderían verse obrigados a cambiar o seu posto de traballo a Lugo, polo que tamén demandamos que os postos de traballo se manteñan nos seus respectivos lugares como até o de agora” – declarou Antonio Veiga.

Radio en directo COPE
  • item no encontrado

En directo

Directo Herrera en COPE

Herrera en COPE

Con Carlos Herrera

Escuchar