• Jueves, 25 de abril 2024
  • ABC

COPE

Noticias

Barreiros |

La Diputación financia la edición de un libro y un DVD sobre San Esteban do Ermo

Lara Méndez destacó, en la presentación de los trabajos, la importancia de poner en valor el medio ambiente “de forma que aporte nuevos atractivos turísticos capaces de generar riqueza” El libro es una guía de la zona desde el punto de vista medioambiental, patrimonial y etnográfico, con datos, leyendas o tradicions propias de la zona

cope.escope.es

Tiempo de lectura: 2'Actualizado 26 may 2017

A Vicepresidenta 2ª da Deputación, Lara Méndez; o presidente da Irmandade Santo Estevo, Ramón Becerra, e o secretario da mesma, Dámaso Ratoeira, presentaron nun acto que tivo lugar hoxe no Salón de Actos de San Marcos o libro “O Santo Estevo do Ermo e a súa fraga”, obra dos membros desta asociación barreirense, editada grazas á colaboración do organismo provincial. A obra distribuirase acompañada dun DVD con diverso material audiovisual, coma fotografías e vídeos do lugar, e de cuxa elaboración encargáronse os profesionais e bolseiros da Fundación TIC. Durante a presentación, Méndez destacou a satisfacción dos responsables provinciais por ter prestado colaboración a unha iniciativa deste tipo, “mostra dos estupendos froitos que se dan cando administracións e veciños suman esforzos”. Destacou o valor desta obra, “con milleiros de datos das singularidades que fan patente o inmenso valor cultural, medioambiental e paisaxístico desta zona, unha das últimas fragas autóctonas do norte e das mellores conservadas, grazas ó labor de xentes coma os membros da Irmandade de Santo Estevo”, e subliñou a importancia “de preservar o patrimonio medioambiental dunha das nosas últimas fragas autóctonas e poñelo en valor, de xeito que aporte novos atractivos turísticos fóra da tempada de verán, capaces de xerar riqueza non só en Barreiros, senón en toda a Mariña” Pola súa banda, tanto Ramón Becerra coma Dámaso Ratoeira reiteraron o seu agradecemento á Deputación polo apoio prestado, que fixo posible “que esta obra vira a luz”. Manifestaron a súa intención de seguir desenvolvendo todo tipo de iniciativas “para preservar e poñer en valor o lugar” e lembraron que esta fin de semana, a fraga de Santo Estevo acollerá a segunda edición do Festival Histórico Augas Santas, co que os seus organizadores pretenden aumentar o interese dos lucenses e foráneos polo entorno da Capela e a fraga de Santo Estevo. O Santo Estevo do Ermo e a súa fraga Os máis de vinte socios da Irmandade, partindo da obra do estudioso José María Rodríguez Díaz sobre a Capela de Santo Estevo, elaboraron un estudio sobre esta edificación e o seu entorno. Coa colaboración dos veciños e a documentación atopada en arquivos, coma o Diocesano de Mondoñedo, así de coma de expertos nos diferentes temas abordados, deron formar á obra “O Santo Estevo do Ermo e a súa fraga”, unha ampla guía dende o punto de vista medioambiental, patrimonial e etnográfico desta paraxe barreirense. Milleiros de datos sobre a flora, a fauna, as lendas da zona, ou mesmo sobre as obras de rehabilitación da Capela, acompañados de abundantes imaxes e fotografías familiares antigas, cedidos polos veciños, compoñen a obra máis cuidada e minuciosa sobre esta zona.

Radio en directo COPE
  • item no encontrado

En directo