• Miércoles, 24 de abril 2024
  • ABC

COPE

Noticias

Trabada | Dañado por las últimas lluvias

La Diputación destina 6.000 euros al arreglo del puente sobre Rego de Vidal en Trabada

La Diputación iniciará el jueves las obras de reparación del puente situado en la carretera porovincial 6101 a su paso por Trabada. Las tareas consisten en reponer los muros del ríoa nexos al viaducto, después de que las intensas precipitaciones ablandaron la tierra y los arrastrara río abajo. Un equipo de tres operarios conuna pala yun camión acometerán los trabajos que está previsto terminar a principios del mes de marzo.

cope.escope.es

Tiempo de lectura: 1'Actualizado 26 may 2017

A Deputación de Lugo iniciará mañá xoves as obras de reparación da ponte sobre o Rego de Vidal, situada na estrada provincial 6101 ó seu paso polo Concello mariñano de Trabada, unha infraestrutura que resultou danada polas últimas choivas. A institución lucense estima nuns 6.000 euros o custe dos traballos, que se acometen con cargo ó Plan de Conservación de Estradas 2013 e estarán rematados previsiblemente na primeira semana de marzo.     As tarefas, das que se ocupará un equipo de tres operarios cunha pala e un camión, consisten na reposición dos muros do río anexos ó viaduto -denominados aletas-, despois de que as choivas abrandaran a terra e os acabaran arrastrando augas abaixo. A Deputación decidiu acometer estas actuacións co fin de evitar danos na propia estrutura da ponte, sobre a que na actualidade e durante as obras poderán circular con normalidade vehículos e peóns. A estrada provincial 6101 ten 9,3 quilómetros de lonxitude. Parte do barrio trabadense de Pedrido, discorre por Sante e desemboca na antiga Nacional 640, enfronte a Abres, pertencente xa a Asturias. A ponte que se vai arranxar sitúase a pouco máis dun quilómetro da vila de Trabada.  As estradas provinciais do Concello trabadense forman parte da denominada Zona 2 do Plan de Conservación de Estradas da Deputación, xunto coas vías do Valadouro, Foz, Alfoz, Barreiros, Lourenzá, Ribadeo, Mondoñedo, Abadín, Riotorto, A Pastoriza e A Pontenova. En total, suman 618 quilómetros de lonxitude. A firma Isidro Otero é a adxudicataria da conservación da Zona 2.         

Radio en directo COPE
  • item no encontrado

En directo

Directo Herrera en COPE

Herrera en COPE

Con Carlos Herrera

Escuchar