• Martes, 16 de abril 2024
  • ABC

COPE

Noticias

Cervo | La Junta de Gobierno dice que por una mala gestion en la contratación eléctrica

La Diputación debe al Ayuntamiento de Cervo más de 7.000 euros

En el año 2009 la Diputación se ofreció a los ayuntamientos para gestionar el subministro eléctrico, un año después renunció, y Cervo fue uno de los que delegó en la administración provincial dicha tarea. Ahora el ayuntamiento cervense pagó un recargo a las eléctricas del tiempo que tenía delegadas sus competencias a la Diputación Provincial

cope.escope.es

Tiempo de lectura: 2'Actualizado 27 may 2017

A Xunta de Goberno Local de Cervo acordará mañá enviar un escrito á Deputación de Lugo no que lle lembra que ten pendente unha compensación económica de máis de 7.000 euros ao Concello “pola súa mala xestión da contratación eléctrica”.  O executivo explica que en novembro de 2009 o Concello delegou na Deputación a contratación da subministración eléctrica nos edificios municipais, atendendo ao ofrecemento da mesma Deputación para realizar unha contratación conxunta con outros municipios da provincia. “Vendéronnos un proxecto moi bonito, no que coa súa axuda iamos aforrar moitos cartos e nós, buscando a eficiencia enerxética, aceptamos e delegamos neles, tal e como nos pedían”. Case un ano despois desa delegación, en outubro de 2010, a Deputación informou ao Concello que non se ía ocupar da contratación. “Eles comprometéranse a ofrecernos melloras, fixérannos delegar neles, mover documentos, expedientes, para ao final, nada de nada”. Pero para o goberno local o peor é que “esa delegación tivo consecuencias nefastas para o Concello”, xa que “ao ter delegadas as competencias na Deputación, non puidemos acollernos ao mercado libre naqueles servizos nos que era necesario, o que nos produciu un dano económico de máis de 7.000 euros”. Un importe  que as empresas subministradoras lle cobraron ao Concello en concepto de recargo e que a administración local tivo que abonar das arcas públicas “pola ineficacia da Deputación, que non puido levar a cabo unha acción coa que se comprometera”. “Non só non aforramos, senón que tivemos que pagar máis” engade o grupo de goberno.  A administración cervense xa lle reclamara estes cartos á Deputación no ano 2010, sen obter resposta. Unha compensación “á que temos dereito xa que o Concello non tivo ningunha responsabilidade neses recargos por ter delegadas as súas competencias nunha Deputación que non cumpriu as súas promesas”. O grupo de goberno considera que esta é “unha mostra máis da estratexia de propaganda enganosa da Deputación, unha administración que é especialista en vender fume”. Neste caso “vendéronnos un aforro que acabou en máis gasto”. 

Radio en directo COPE
  • item no encontrado

En directo 2

Directo Mediodía COPE

Mediodía COPE

Pilar García Muñiz

Escuchar
Directo TRECE Al Mediodía

TRECE Al Mediodía

Con Marco Chiazza y Lucía Crespo

Ver TRECE