• Viernes, 19 de abril 2024
  • ABC

COPE

Noticias

Ribadeo |

La Diputación compromete la inversión de 1.828.000 euros para la residencia de la tercera edad

El vicepresidente de la institución provincial, Antonio Veiga, reafirmó el compromiso de la Diputación y urge al Gobierno gallego a que se comprometa formalmente con este proyecto para que pueda ser una realidad en el 2015. Veiga lamenta que “la Xunta de Galicia continúe a poner reparos para involucrarse en proyectos que redundan en el bienestar social de los lucenses”

cope.escope.es

Tiempo de lectura: 3'Actualizado 26 may 2017

O vicepresidente da Deputación Provincial de Lugo e delegado da área de Benestar Social, Antonio Veiga, reafirmou, esta tarde, o seu compromiso coa construción da Residencia da Terceira Idade de Ribadeo diante do alcalde da vila, Fernando Suárez, e decenas de veciños e veciñas, anunciando que a institución que representa investirá no proxecto 1.828.000 euros que se concretarán en catro anualidades desde este ano até 2016. Neste senso, explicou que “do orzamento de 2013 consignouse para a residencia da terceira idade de Ribadeo unha subvención excepcional de 528.000 euros, no orzamento de 2014 reserváronse 500.000 euros para o mesmo fin, e estableceuse unha previsión de crédito de 600.000 euros para 2015 e de 200.000 para 2016. Deste xeito, entendemos que queda materializado e concretado o compromiso da Vicepresidencia da Deputación Provincial con este proxecto tan necesario para a vila e tan demandado polos seus veciños e veciñas e responsábeis políticos de todas as formacións; algo que parecen ignorar desde a Xunta de Galiza”. Para Antonio Vegia “este investimento é unha mostra máis de que unha das principais liñas de goberno do ente provincial é dotar a todas as comarcas de Lugo de servizos sociais básicos para os máis maiores garantindo o seu benestar e cumprindo principios esenciais como os de liberdade, normalidade, equidade, eficiencia e promoción da autonomía persoal, máis aínda para aquelas persoas con algún tipo de dependencia”. “Investir en políticas sociais –continuou o vicepresidente e delegado de Benestar Social- é primordial en Galiza e en particular en Lugo, dadas as circunstancias que viven os pensionistas do país, cunha pensión media mensual de  721,78 euros, mentres no resto do Estado a media é de 858,1 euros mensuais; pensións ás que, ademais, debemos restar os diferentes copagos implantados polo Partido Popular no eido sanitario nos últimos dous anos e a suba de impostos, e que deixan unha marxe mínima para levar unhas condicións dignas de vida ou poder acceder a centros privados de atención á terceira idade”. Desde a Vicepresidencia da Deputación lucense enténdese que é unha obriga para as administracións públicas apostar por este tipo de equipamentos dado, tamén, o avellentamento da poboación e as perspectivas futuras de que esta situación non cambie. Precisamente é Lugo a provincia galega con máis persoas maiores de 65 anos e con menor número de centros da terceira idade; cun ratio de 2,8 prazas por cada 100 persoas maiores, moi lonxe das 5 que recomenda a Organización Mundial da Saúde. A este respecto, denuncian que Galiza nin sequera se aproxima á media estatal de 4,3 prazas por cada 100 usuarios potenciais. Ribadeo non é alleo a esta situación; ten 800 persoas maiores de 65 anos das cales 550 viven soas e preto dunha trintena están en residencias fóra do seu municipio e incluso fóra da provincia. Para Antonio Veiga “son datos que evidencian a necesidade de buscar solucións para atender a este sector da poboación garantíndolles unha vida digna e fomentando as súas habilidades e capacidades”. Falla de compromiso da Xunta de Galiza co proxecto Durante a rolda de prensa ofrecida para anunciar o investimento da Vicepresidencia da Deputación Provincial, tanto o vicepresidente da mesma como o rexedor municipal demandaron un maior compromiso do Goberno galego ao que urxiron que mova ficha para que a residencia da terceira idade de Ribadeo poida ser unha realidade en 2015. Antonio Veiga acusou á Xunta, e en concreto á consellería de Benestar, de ignorar todas as circunstancias que demostran a “urxente necesidade de que xa non só Ribadeo, senón toda a comarca da Mariña, conte cunha residencia como a proxectada. O Goberno galego dispón de moitos máis recursos que o Concello e a Deputación Provincial polo que a construción da residencia da terceira idade xa non é unha cuestión económica senón de vontade política. Á Xunta de Galiza segue a custarlle involucrarse en proxecto e iniciativas que redundan no benestar social dos e das lucenses, o cal debera ser unha prioridade de todas as administracións públicas en calquera momento pero aínda máis diante da brutal crise económica que estamos a padecer e que están a pagar os colectivos máis vulnerábeis.” “Queda en evidencia –rematou o Vicepresidente- o xeito que ten o Partido Popular  de facer política, tanto desde o Goberno galego como desde o Executivo central, e o xeito que os nacionalistas temos de facer política desde a Vicepresidencia da Deputación Provincial.”  

Radio en directo COPE
  • item no encontrado

En directo

Directo Herrera en COPE

Herrera en COPE

Con Carlos Herrera

Escuchar