• Martes, 16 de abril 2024
  • ABC

COPE

Noticias

Lugo |

La Diputación colabora con las ANPAS de los colegios de Barreiros y Lourenzá

El diputado provincial socialista, Alfredo Llano, ha supervisado las obras de colocación de dos pasarelas cubiertas que mejorarán la seguridad de los 200 alumnos de los centros escolars Juan Rey de Lourenzá y San Miguel de Barreiros El diputado aprovechó para comprobar algunas de las obras realizadas en los ayuntamientos de Burela, Barreiros y Lourenzá en las que la Diputación ha invertido 79.000 euros para mejorar las dotaciones vecinales

cope.escope.es

Tiempo de lectura: 1'Actualizado 27 may 2017

En Lourenzá, Alfredo LLano comprobou no CEIP Juan Rey o resultado da instalación dun teito nun tramo de escaleiras empregadas polos alumnos para saír ó patio. O organismo provincial financiou o 100% desta actuación que contou cun investimento de 2.750 euros. A Asociación de Nais e Pais de Alumnos deste centro escolar solicitou esta actuación á Deputación malia non contar a entidade luguesa coas competencias na materia e despois de que esta necesidade fose desatendida pola Xunta. Con esta actuación mellórase a seguridade dos máis de 100 alumnos que cursan estudos neste centro e que contan agora cun acceso ó patio resgardado da chuvia. O Deputado supervisou en Barreiros as obras, financiadas polo organismo provincial con 7.000 euros, que serviron para colocar unha pasarela cuberta que comunica dúas instalacións do CEIP San Miguel. Tamén neste caso, trátase dunha actuación solicitada á Deputación pola ANPA deste centro educativo, no que estudan 85 alumnos de 3 a 12 anos, que se puxeron en contacto co organismo provincial despois de que a Xunta lles negase en repetidas ocasións o financiamento para realizar as obras. Outras actuacións En Burela, Alfredo LLano comprobou o resultado das obras de renovación realizadas no local da Asociación Cultural Ledicia e que tamén contaron co investimento da Deputación. En total, nos Concellos de Barreiros, Burela e Lourenzá, executáronse 11 intervencións que contaron cun orzamento total de 79.000 euros. Con estas actuacións, o organismo provincial atende directamente ás demandas dos veciños, mellorando a súa calidade de vida ó investir en dotacións básicas, ó tempo que aforra cartos ós Concellos pois asume o 100% do investimento necesario. Ademais, con esta medida da institución luguesa actívase a economía local fomentando o emprego, xa que a execución das obras corre a cargo de Pemes e autónomos da zona.

Radio en directo COPE
  • item no encontrado

En directo

La Tarde

Pilar Cisneros y Fernando de Haro.

Reproducir
Directo La Tarde

La Tarde

Pilar Cisneros y Fernando de Haro.

Escuchar