También en directo
Ahora en vídeo
  • megabanner_1:No existe configuración de publicidad para el slot solicitado
Surf |

La Diputación aumenta el número de plazas del Surf-Camp por la avalancha de solicitudes y bate el récord de 200 participantes

Surfistas de Galicia, Asturias, Santander, Castilla-León, Cataluña y Madrid se acercarán este fin de semana a las playas de la Mariña para practicar Surf de la mano de una veintena de estrellas del surf a nivel europeo.
  • cope.es
  • cope.es

O certame arrancará este venres, ás 19:00 horas, no porto da vila ribadense de Rinlo cunha exhibición de skate. Tralas actividades de hoxe, os pratos fortes do certame terán lugar mañá sábado e o domingo, con exhibicións das figuras do surf participantes, que ademais de demostrar as súa destreza sobre as olas, ensinarán gratis as súas técnicas e coñecementos a todo aquel que o desexe. Repiten nomes propios deste deporte, como Gony Zubizarreta, Aritz Aramburu, Kepa Acero, Hodei Collazo, Adur Letamendía, Indar Unanue ou Pablo Solar, e incorpóranse outras, como Mario Azurza, Jonathan González ou Guillermo Alonso. A programación é a seguinte: -       A xornada do sábado arrancará ás 11:00 horas cunha expression session de surf nos areais de Barreiros, e ás 14:30 horas terá lugar unha comida popular na praia. Pola tarde, a partir das 16:30 horas, as actividades continuarán no paseo marítimo de Viveiro, cun simulador de surf, e percorridos en skate eléctrico, segway e longskate. Dende as 16:30 tamén haberá exhibicións de surf nas praias de Barreiros. As 00.00 terá lugar un concerto do grupo vivariense Sunday Morning Club no pub TRES60 de Ribado. -       O domingo, entre as 12:00 e as 14:00 horas, os mellores surfistas de Europa, acompañados de monitores, ensinarán a surcar as olas a todos aqueles que o desexen na praia focense da Rapadoira. Más de 100 persoas teñen solicitado a día de hoxe o préstamo gratuíto de material para poder surf, pero os interesados aínda poden facelas reservas chamando ó número de teléfono 982-12-00-64.