También en directo
Ahora en vídeo
  • megabanner_1:No existe configuración de publicidad para el slot solicitado
Ribadeo | Fomentar así el desarrollo sontenible

La Diputación apoya la iniciativa del ayuntamiento para crear una mesa de trabajo sobre la Playa de Las Catedrales

Antonio Veiga demanda el compromiso de todas las administraciones paera la elaboración de un plan de getión integral y anuncia nuevas inversiones de la institución provincial en el entorno

De 

O obxectivo deste encontro era lograr o compromiso de todas as institucións con competencias para desenvolver as potencialidades deste enclave turístico e natural, catalogado como Monumento Natural e LIC en Rede Natura, para constituír unha Mesa de Traballo que elabore un plan de acción e un modelo de xestión integral. Antonio Veiga amosou o apoio da Vicepresidencia da Deputación Provincial a esta proposta do Concello de Ribadeo na que a Mesa de Traballo encargaríase de  redactar un plan con medidas transversais e poñería en marcha un centro de interpretación para o control e atención á protección medioambiental do entorno, o deseño de programas de educación e sensibilización e a atención continuada a turistas. Veiga sinalou, tamén, a necesidade de artellar unha estratexia na que participen todas as administracións competentes  para conciliar o valor medioambiental e paisaxístico da praia das Catedrais co seu valor turístico e económico non só para Ribadeo senón para toda a comarca da Mariña e incluso para toda Galiza. “Seguir sen un modelo de  xestión definido desgastará este enclave e senón se logra a implicación de todas as institucións e a elaboración dun proxecto en común con amplitude de miras remataremos con todos os beneficios que proporciona este areal”. Durante a súa intervención o vicepresidente da Deputación lembrou que o ente provincial e o concello de Ribadeo asinan todos os anos un convenio de colaboración de, aproximadamente, 40.000 euros para afrontar os gastos do proxecto ‘Praia das Catedrais’ e grazas ao que se mellora o servizo de información turística, se edita material informativo dos programas turísticos e contrátase persoal encargado da limpeza, do baleirado de fosas sépticas e do acondicionamento do terreo. Nas vindeiras semanas ambas institucións asinarán un novo convenio de 80.000 euros para continuar co traballo de mellora da información turística da Praia das Catedrais, algo que Veiga considera “imprescindíbel xa que a oficina de información situada nas inmediacións da praia recibe máis visitas que o Punto de Información do Ribadeo, un dos máis visitados de toda Galiza”. A este respecto, o alcalde de Ribadeo agradeceu ao vicepresidente da Deputación Provincial o seu compromiso co entorno da Praia das Catedrais que se materializa cada ano en convenios de colaboración que sitúan ao ente provincial  como o máis inversor na posta en valor e coidado deste recurso natural, turístico e económico.