También en directo
Ahora en vídeo
  • megabanner_1:No existe configuración de publicidad para el slot solicitado
Lugo |

La Diputación abre el plazo para solicitar las ayudas en apoyo al sector primario y rural

Los particulares y colectivos interesados podrán presentas las peticiones hasta el 2 de agosto y las subvenciones estarán concedidas en el mes de septiembre Los requisitos y procedimiento para formalizar las solicitudes pueden consultarse en el BOP y el plan incluye ayudas de hasta 9.000 euros para recuperar tierras abandonadas, una iniciativa pionera entre las diputaciones gallegas; de 30.000 para la instalación o mejora de traídas de agua y de un máximo de 12.000 para infraestructuras comunitarias.

De 

A Deputación de Lugo abrirá mañá venres o prazo para solicitar as axudas do seu novo plan de 1,7 millóns de euros en apoio ó sector primario e ó medio rural, unha vez publicadas hoxe as bases da convocatoria no Boletín Oficial da Provincia (BOP). Os particulares e colectivos interesados poderán presentar as peticións ata o vindeiro 2 de agosto, e as subvencións estarán concedidas en setembro. Os requisitos, documentación requirida e procedemento para formalizar as solicitudes poden consultarse no BOP de hoxe, así como na páxina web da Deputación www.deputacionlugo.org na área de Cooperación e Asistencia ós Concellos.

O plan consta de tres liñas de axudas:

- Recuperación de terras abandonadas. A Deputación de Lugo convértese na primeira institución provincial de Galicia en ofrecer ós gandeiros e agricultores axudas directas para este fin, que poderán chegar ós 9.000 euros por beneficiario. O obxectivo é facilitar recursos económicos ós produtores para que poidan aumentar a base territorial das explotacións e mellorar deste xeito a súa rendibilidade, ademais de favorecer a recuperación da poboación, a prevención de incendios, o control da fauna salvaxe e unha axeitada ordenación do territorio. Estas axudas concederanse a quen realmente vive e traballa no campo, pois os beneficiarios deberán xustificar coa declaración da renda que o 50% dos seus ingresos procede da actividade agropecuaria. Poden solicitalas gandeiros ou agricultores a título individual; agrupacións de gandeiros ou agricultores; Sociedades Agrarias de Transformación (SATs); ou persoas xurídicas que teñan a titularidade de explotacións.

- Instalación ou mellora de traídas de auga. Este é un servizo municipal básico moi custoso e que moitos concellos non teñen capacidade económica para garantilo, polo que a Deputación abriu unha liña específica de axudas, que serán dun máximo de 30.000 euros para instalar unha nova rede de abastecemento e de ata 10.000, no caso de proxectos de mellora de infraestruturas existentes. Os beneficiarios poden ser comunidades de usuarios, asociacións de veciños e entidades veciñais sen ánimo de lucro, e comunidades de montes, en tódolos casos sempre e cando teñan personalidade xurídica propia.

- Infraestruturas de uso comunitario que melloran a calidade de vida da xente do campo e facilitan o seu traballo. Trátase, entre outras, de arranxo e sinalización de camiños públicos de acceso a explotacións, terras, camiños forestais e núcleos rurais, fontes, prazas públicas, bebedoiros de uso común, depósitos contra incendios, sistemas de regadío ou limpeza de rutas de sendeirismo e sendeiros. O máximo por beneficiario será de 12.000 euros. Poden pedilas asociacións de veciños e entidades veciñais sen ánimo de lucro, comunidades de montes, agrupacións de gandeiros e agricultores, ou de produtores forestais, e colectivos de usuarios.

Os criterios de valoración para outorgar estas axudas, convocadas en réxime de concorrencia competitiva, son totalmente obxectivos e a mesa de valoración será estritamente técnica.

Lo más visto