También en directo
Ahora en vídeo
  • megabanner_1:No existe configuración de publicidad para el slot solicitado
Riotorto |

El dinero de la residencia de Riotorto va para Ribadeo

Desde el PP observan como se confirma algo que han alertado hace meses con el dinero de la Diputación previsto para una residencia de la tercera edad. El presidente del PP en Riotorto, Clemente Iglesias, ha manifestado que “el regidor de Riotorto, vendió al pueblo”.

Logo das publicacións de esta mañá, o presidente do PP de Riotorto, Clemente Iglesias, puxo de manifesto que quedan totalmente confirmadas as sospeitas e alertas que viña facendo o seu partido con respecto a residencia. “O señor Estoa vendeu ao noso pobo”- manifestou Clemente Iglesias, quen lamentou que os cartos da residencia de Riotorto vaian para a de Ribadeo. O popular quixo deixar moi claro que o seu partido non está en contra de que se constrúa unha residencia en Ribadeo, senón que calificou o feito como algo moi positivo para os ribadenses, pero criticou que esta infraestructura se leve a cabo a costa dos veciños de Riotorto. Neste senso, Clemente Iglesias aseverou que se Gutiérrez Estoa tivese tanto interese por dotar aos veciños dunha residencia, como noutros temas que está levando a cabo  dende fora, o Concello de Riotorto non estaría sen esta necesaria infraestructura. “O rexedor de Riotorto adicouse a andar por fora mentindo e xerando polémica, mentras tivo desatendido o concello”- manifestou o popular, quen lembrou que este mal chamado espíritu de Riotorto rematou deste xeito: perda da residencia e dos empregos asociados para os veciños. Rematou os populares instando ao alcalde a que atenda as demandas dos veciños de Riotorto, que son os que lle pagan e aos que ten totalmente desatendidos, e deixe o seu afán de andar por fora e facendo teatro con temas sensibles.

Lo más visto