• Viernes, 19 de abril 2024
  • ABC

COPE

Noticias

Burela |

Diez serán los socorristas que van a vigilar las playas burelesas desde el 5 de julio

El alcalde de Burela, José María González Barcia, anunció que desde el sábado diez personas van a formar parte del equipo de socorristas que velará por la seguridad en las playas de A Marosa, Portelo y Ril. Las banderas azules serán izadas en las playas de Burela el lunes 7 de julio

cope.escope.es

Tiempo de lectura: 1'Actualizado 09 may 2017

O rexedor dixo que “para este próximo sábado está previsto que comecen a traballar nos tres areais bandeira azul que temos en Burela (A Marosa, Portelo e Ril) dez persoas contratadas para exercer funcións de socorristas. O proceso selectivo vai ter lugar mañá, xoves. Tíñamos previsto telo feito antes, pero por cuestións administrativas completamente alleas ao Concello tivemos que pospoñelo dous ou tres días. Aínda así chegamos a tempo para este primeiro fin de semana de xullo”. Segundo González Barcia “trátase de dez socorristas que van estar de forma permanente dende as 11 da mañá ata as 8 da tarde nas tres praias indicadas durante todos os días da semana. Acabarán o seu traballo o día 2 de setembro”. O alcalde de Burela tamén indicou que “o vindeiro luns a mediodía vamos izar as bandeiras azuis nas tres praias: na de A Marosa, que é a máis antiga de todas; na de Portelo e na de Ril, que é o segundo ano que ten a bandeira azul e que se recupera con respecto á situación anterior. Non se optou por poñer as bandeiras durante este fin de semana, porque aquí, en Burela, estamos bastante cargados de actividades, empezando pola festa castrexa e acabando, por exemplo, polo seminario de seguridade a bordo que se vai celebrar este sábado na confraría de pescadores. Polo tanto, tendo isto en conta, optamos por trasladar o izado das bandeiras azuis para o vindeiro luns a mediodía”.

Radio en directo COPE
  • item no encontrado

En directo 2

Directo Mediodía COPE

Mediodía COPE

Pilar García Muñiz

Escuchar