También en directo
Ahora en vídeo
  • megabanner_1:No existe configuración de publicidad para el slot solicitado
Mariña |

El Diario Oficial de Galicia publica el decreto de gestión integrada de las áreas de Lugo, Cervo y Monforte

La gestión integrada simplifica las estructuras organizativas y busca una organización horizontal, transversal, sin obstáculos y situa al paciente como eje del sistema. La nueva gestión mantiene las tres áreas sanitarias de la provincia e integra todos los recursos, prestaciones y programas de la atención sanitaria.

Trátase de continuar coa implantación da xestión integrada, cunha única estrutura que, mantendo as tres áreas, asumirá a xestión dos recursos, prestacións e programas da atención sanitaria, tanto do nivel de atención primaria como especializada, así como sociosanitaria e de promoción e protección da saúde. Beneficios da Xestión Integrada A xestión integrada oriéntase a acadar unha organización horizontal, transversal, sen chanzos. Os obxectivos están centrados na atención no paciente coa implicación de todos os profesionais na toma de decisións mediante o uso da xestión clínica como ferramenta para evolucionar dun sistema xa superado de organización por compartimentos a outro transversal ou horizontal; e garantir a equidade, accesibilidade, continuidade, calidade e seguridade da atención. Tamén busca minimizar a variabilidade clínica e eliminar a duplicidade de procedementos diagnósticos e terapéuticos, así como garantir a transparencia e a autonomía de decisión dos pacientes establecida na lexislación vixente. Engadido a todo o sinalado, coa xestión integrada, oriéntase a planificación dos procesos en torno aos problemas de saúde, e utilízanse eficientemente todos os recursos mediante a promoción do traballo en equipo e a implicación dos profesionais na xestión. A xestión integrada sitúa ao paciente como eixe do sistema pois recibirá unha resposta asistencial axeitada en tempo e lugar, sen sensación de trámites ou burocracia, sen repetición de probas e evitando derivacións innecesarias. Para o persoal, esta nova estrutura aumenta as posibilidade de desenvolvemento profesional, pois permite maior mobilidade no entorno dos servizos da propia área, sempre de forma pactada e voluntaria, ademais de proxección profesional, o que redunda en máis motivación e satisfacción. Antecedentes Este decreto é o desenvolvemento da obriga legal que establece a Lei 14/1986 Xeral de Sanidade e o artigo 97 da Lei 8/2008 de Saúde de Galicia sobre a introdución na asistencia sanitaria de modelos de xestión e fórmulas organizativas cunha visión horizontal e integradora dos procesos asistenciais. Tamén está incluído como unha actuación do primeiro obxectivo da Estratexia Sergas 2014: saúde e demanda dos cidadáns.  

Lo más visto