También en directo
Ahora en vídeo
  • megabanner_1:No existe configuración de publicidad para el slot solicitado
Burela |

Diana Durán presentó el IV Plan de Igualdad de Oportunidades entre hombres y mujeres

La concejal de Servicios Sociales e Igualdad ha presentado el IV Plan de Igualdad de Oportunidades entre mujeres y  hombres para el período comprendido entre los años 2015-2017. Según Durán “con este programa queremos dar continuidad a las políticas de igualdad adoptadas por el Ayuntamiento en los últimos años. Además supone la reafirmación del compromiso en la lucha por la igualdad que se inició en 1997 con la creación del CIM y los anteriores planes de igualdad”
  • cope.es
  • cope.es

A edil popular subliña que “a igualdade entre homes e mulleres e a eliminación de todas as formas de discriminación contras as mulleres son os obxectivos prioritarios deste plan”. A poboación de Burela en xaneiro de 2015, segundo o padrón municipal, estaba composta por 4.768 mulleres e 4.835 homes, dos que a maioría corresponden ás franxas de idade comprendidas entre os 20 e os 60 anos. En Burela conviven cidadáns de 42 nacionalidades, dos que 473 son mulleres e 618 homes. As máis numerosas son Cabo Verde (con 212 mulleres e 234 homes), Perú (con 60 mulleres e 61 homes), Portugal (con 50 mulleres e 62 homes) e Indonesia (con 101 homes e sen presenza de mulleres na vila). Seguen Senegal, Brasil, Marrocos, Colombia e Romanía. As liñas estratéxicas nas que centrará o IV Plan de Igualdade do Concello bureles pasan por “introducir e fomentar o principio de transversalidade de xénero nas actuacións do Concello, como garante de compromiso coas políticas de igualdade; promover a sensibilización a favor da igualdade entre homes e mulleres impulsando a transmisión de valores de xénero máis equitativos e a eliminación de estereotipos; fomentar a corresponsabilidade de homes e mulleres na asunción de tarefas habituais da vida familiar diaria promovendo actuacións que favorezan a conciliación da vida laboral e familiar; promover a participación das mulleres en todos os ámbitos da sociedade en condicións de igualdade, así como promover a atención á saúde e benestar destas; previr e abordar a violencia de xénero dende as súas diferentes causas, tipoloxías, manifestacións e consecuencias, así como garantir a asistencia e protección das vítimas con actuacións de carácter integral e coordinando os recursos existentes”. Diana Durán indica que “se deseñaron dentro do plan unha serie de actuacións reais que se levarán a cabo ao longo do período de vixencia do plan, tal e como se veu facendo ao longo dos últimos anos. Por exemplo haberá actividades nos centros de ensino con carácter preventivo, continuará o programa Educando en familia, organizaremos xornadas, obradoiros e seminarios de prevención de violencia de xénero, haberá obradoiros de supervivencia doméstica para homes e mulleres, accións informativas e formativas para mulleres emprendedoras ou actividades de ocio e tempo libre como espazo de benestar físico e de socialización, entre outras moitas”.   

Lo más visto