• Viernes, 29 de marzo 2024
  • ABC

COPE

Noticias

8 de marzo |

"Día Internacional de la Mujer"

Los ayuntamientos de la comarca han preparado, en colaboración con asociaciones, una serie de actividades para conmemorar el Día Internacional de la Mujer, el 8 de marzo. Xove: Chocolate el domingo y charla el lunes Cervo: Más de 130 personas inscritas para participar en las actividades programadas desde el Ayuntamiento Foz: Un concurso de comentarios en las redes sociales Facebook y Twitter sobre las mujeres trabajadoras, el premio una cena para dos personas Burela: Charla de cuatro mujeres, homenaje a Mari Carmén Iravedra y lectura de un manifiesto; la jornada concluirá con una comida. Lourenzá: Proyección de  una película y exposición Barreiros: Teatro y lectura de trabajos de alumnos de las escuelas Ribadeo: Un Photocall durante tres jornadas y la inauguración de varias calles El Observatorio da Mariña pola Igualdade celebra su quinto aniversario  con un acto informativo centrado en las demandas de las trabajadoras del hogar Xuventudes Socialistas: La austeridad está a servir de excusa para realizar recortes ideológicos en materia de igualdad

cope.escope.es

Tiempo de lectura: 12'Actualizado 26 may 2017

A Concellería de Muller e Igualdade do Concello de Xove, sumándose ás celebracións do Día Internacional da Muller Traballadora, organiza para o vindeiro domingo, 10 de marzo, ás 17:30 horas no Salón de Actos do Centro Cívico, a VIª CHOCOLATADA para as mulleres do Concello. Dende a Concellería realizouse unha invitación a tódalas mulleres do Concello a que asistan a este acto, animándoas a participar neste evento que, basicamente,  pretende recoñecer as aportacións da muller dentro da nosa sociedade. Continuando coas actividades de celebración, e neste caso contando coa colaboración do IES Illa de Sarón,  o luns, 11 de marzo, ás 17:00 horas, imos ter no Salón de Actos do Centro Cívico a PRESENTACIÓN DO PROXECTO “Co-rresponsais Xove” e actividades conmemorativas do alumnado do IES “Illa de Sarón” de Xove. A delegación de Igualdade do Concello de Cervo vén de pechar o prazo para apuntarse naquelas actividades incluídas no programa do Día Internacional da Muller Traballadora que precisaban inscrición. En total, a Concellería anotou a máis de 130 mulleres no Café Bombón e na cea que se celebrará o 8 de marzo. A edil de Igualdade, Pilar Armada, manifestou a súa satisfacción “pola excelente acollida destas dúas actividades” e ao mesmo tempo, transmitiu o seu desexo de que “o resto de actos que non precisaban inscrición tamén rexistren bos resultados de participación e, o máis importante, que sexan do agrado do público”. E é que hai que destacar que hai outros eventos programados que están abertos e aos que poden acudir todas as persoas que o desexen. A concelleira di que haberá que agardar ao desenvolvemento das actividades para facer un balance máis exhaustivo pero, cos datos de inscrición na man, “xa se pode facer unha primeira valoración, moi positiva”. Unha acollida que, para Armada, “está directamente relacionada con que este ano as tres asociacións de mulleres traballasen xuntas por primeira vez para organizar os actos deste día tan especial”. É por iso que a edil quixo aproveitar para dar as grazas “ás directivas e ás socias das tres entidades que fixeron posible un programa completo e con estes excelentes niveis de participación”. Programa Os actos comezarán ás 16:00 horas cunha homenaxe á muller cervense, e continuarán co Café Bombón para o que xa se pechou a inscrición. Unha actividade que inclúe limpezas de cute nas que colabora a parafarmacia Hedra. A partir das 19:00 horas iniciarase a lectura de manifestos por parte das tres asociacións organizadoras, como son Mulleres de San Ciprián, Alborada e Mulleres Rurais As Espalladoras. Media hora máis tarde comezará un espectáculo con monólogos, historias e maxia. Xa pola noite, a partir das 22:00 horas, terá lugar a cea no restaurante Buenavista, para a que tamén se pechou a inscrición e na que se entregarán os premios do Campionato de Tute e Parchís. A noite rematará cun baile. A Casa do Mar será o lugar central das actividades.  La Delegación de Mujer del Ayuntamiento de Foz, cuya responsable es la concejala popular Mercedes González Alonso, organiza un concurso de comentarios en las redes sociales facebook y twitter para conmemorar el Día Internacional de la Mujer Trabajadora, certamen que comienza hoy y que concluirá el sábado, día 9, a las ocho de la tarde. La edila de Mujer explicó que “toda aquella persona que quiera dar un homenaje a una mujer determinada (su madre, su hermana, su mujer su novia o a las mujeres en general) puede hacer esa reflexión, ese pensamiento, un poema, una frase o cualquier cosita que quiera escribir, puede hacerlo en nuestras páginas de facebook o twitter del Concello de Foz. Después en mensaje privado dejará sus datos personales para que podamos ponernos en contacto si resulta ganador”. El premio para el comentario que le parezca más bonito al jurado es una cena para dos personas donada por el restaurante Dandy y pueden participar “todas aquellas personas que lo deseen a partir de 12 años preferiblemente en gallego pero si su forma de expresarse es en castellano no hay problema ninguno”, explicó Mercedes González. El plazo para presentar comentarios al concurso finaliza este sábado, día 9 a las ocho de la tarde, y a partir de esa hora se va a celebrar en la casa de cultura de Foz el Festival dos Namorados, en el que habrá “un recital poético-audiovisual a cargo de Yolanda Castaño: es un acto multimedia novedoso en el que esta mujer, ya conocida por todos, va a hacer una proyección con un recital de poemas”, anunció la concejala de la Mujer. Además Mercedes González comentó que “en el festival se entregarán los premios del décimo segundo certamen de poemas de amor que se realizó para conmemorar el día 14 de febrero, el Día de los Enamorados, y ya tenemos los ganadores que vamos a recordar para que no se olvide nadie: en la categoría infantil el primer premio es para el poema O meu amor, de Candela Fernández López, de Xove; en la categoría juvenil el primer premio es para un poema que no tiene título y su autora es Marina Isabel Riesco Amurrio, de Foz; el segundo premio, para Amor feiticeiro, de María González Fernández, también de Foz; y luego ya en la categoría de adultos el primer premio es para el poema Volve, de Artugo Mogo, de Ribadeo, y el segundo premio, para Amor prototipo, rimas de Laura Díaz García, de Foz”. La concejala de Mujer destacó que en el concurso de poemas con motivo de San Valentín participó “gente de todas partes: de Alfoz, de Burela, de Ribadeo, de As Pontes, de Cee. Es un certamen poético que ya tiene unas cuantas ediciones y ya es conocido a lo largo y ancho de la geografía; no nos quedamos solamente limitados a lo que es nuestro concello ni a nuestra provincia”. También resaltó que “parte los premios han sido gracias al patrocinio de restaurante O Lar, que dona una cena para dos personas, y Viajes Rodríguez, que da una noche de hotel para dos personas”. Burela celebrará o día internacional das mulleres o 9 de marzo con varios actos: unha charla no que catro mulleres, dúas emigrantes retornadas e dúas inmigrantes contarán as súas experiencias. O alcalde, José Mª González Barcia, dará lectura ao manifesto conmemorativo e a xornada concluirá cun xantar. Os actos, organizados pola Concellería de Servizos Sociais, Muller e Igualdade en colaboración coa asociación de amas de casa Praia da Marosa, Mulleres en Igualdade e As Encaixeiras, foron presentados este mediodía no Concello. O programa de actos do día internacional das mulleres desenvolverase o 9 de marzo no salón de plenos da Casa do Concello. A edil popular Diana Durán explicou que “comezaremos cunha charla que leva por título Mulleres traballadoras sen fronteiras, onde nos contarán as súas experiencias catro mulleres de Burela, dúas emigrantes retornadas: Milucha Vispo Moreno e Granada Reigosa Fernández; e dúas mulleres inmigrantes: Niria Luisa Sánchez Usuy e Antonina Semedo Lopes. Cos seus relatos queremos ter un acercamento ás costumes doutros países e enriquecernos así coa multiculturalidade, sen esquecernos que antes de que Burela fose un pobo receptor de xente inmigrante foi unha vila mariñeira, onde a súa xente emigraba en busca de novas oportunidades. Tamén contamos coa colaboración desinteresada de Antonia Fernández Rivas, que está a elaborar unha representación videográfica na que as protagonistas son estas catro relatoras”. E engadiu que “a continuación terá lugar a homenaxe a Mª Carmen Iravedra, unha muller moi querida no noso pobo e que hai poucos días que nos deixou. É todo un modelo de muller a seguir por tres aspectos fundamentais: accedeu ao mundo estudantil cando só estudaban os homes, exerceu a súa carreira profesional de mestra cando case era prohibido para as mulleres e sobre todo pola súa calidade humana. Deste xeito desde o Concello de Burela queremos renderlle unha pequena homenaxe a ela e todas aquelas mulleres que xa non están entre nós e que foron un piar básico no desenvolvemento tanto social coma económico do noso pobo”. Como broche final aos actos organizados pola Concellería de Servizos Sociais, Muller, Igualdade e Sanidade, a través do CIM, o alcalde, José Mª González Barcia, dará lectura ao manifesto institucional dando paso ao xantar conmemorativo deste día, que está organizado por tres asociacións de mulleres pertencentes ao tecido asociativo do concello “e ás que lles queremos agradecer a súa vontade para aunar esforzos cara a procura da igualdade entre mulleres e homes. Son a asociación de amas de casa Praia da Marosa, Mulleres en Igualdade e As Encaixeiras”. A concelleira de Servizos Sociais, Igualdade e Muller sinalou que “camiñando todos e todas cara o mesmo obxectivo poderemos chegar máis lonxe e conseguir mellores resultados. Calquera muller que desexe participar no xantar debe dirixirse a calquera das mencionadas asociacións e retirar alí o seu tícket. O xantar está aberto a todas as mulleres de Burela e non é requisito imprescindible ser socia destas asociacións”. No acto de presentación estiveron tamén o rexedor e representantes das tres asociacións que colaboran na organización do xantar conmemorativo.  O Concello de Lourenzá organiza unha exposición e a proxección dunha película para celebrar o Día Internacional da Muller, que se conmemora este venres, 8 de marzo. A alcaldesa, Emma Álvarez Chao, explicou que a proxección da película, que está programada para o propio día 8 ás cinco da tarde no salón de actos do Concello, “será conducida pola educadora familiar, Dolores Vilasuso, que fará a presentación cunha pequena sinopse e será comentada ao remate da mesma. A película que se proxectará é Tomates verdes fritos que, baixo o lema O segredo da vida, o segredo está na salsa, desenrola unha historia baseada na amizade entre unha muller de mediana idade que se sinte frustrada polo sobrepeso e pola relación insatisfeita que mantén co seu marido e unha anciá que vive nunha residencia. Os temas principais desta película son a amizade e a solidariedade entre mulleres, a vellez e a experiencia como fonte de sabedoría, as frustracións e os problemas de identidade do modelo tradicional de muller e a relación entre a discriminación racial e a violencia de xénero. Polo tanto esta é unha película que dende o departamento de Servizos Sociais valoraron como moi axeitada para render homenaxe a todas as mulleres, non só do noso concello senón ás mulleres en xeral”. Por outra banda, dende este venres, 8 de marzo, ata o día 22 deste mes en horario de tarde, de 17 a 20 horas, na sala de exposicións da casa de cultura do Concello poderase ver a mostra titulada Mulleres no obxectivo, que “recolle 23 fotografías de fotoperiodistas galegos e galegas que tratan de sacar á luz desde unha óptica da normalidade e do respecto ás imaxes que nos acercan ao día a día das mulleres e a súa relación cotiá co traballo ao longo da historia e a conciliación da vida familiar e laboral. Dentro da mostra inclúese unha peza audiovisual, Mulleres xx, sobre as mulleres galegas e o traballo, que toma por nome o cromosoma feminino e mostra ás primeiras traballadoras do sector téxtil, do conserveiro, as primeiras redeiras, as mestras, as lavandeiras, as médicas, as periodistas, ... desde o pasado ata a actualidade. Ademais o vídeo, que contén como eixe temático a progresión das mulleres en distintos postos laborais ata chegar ao punto actual, conta con testemuñas e valoracións deste camiño percorrido realizadas por mulleres de recoñecido prestixio polo seu traballo en distintos campos da actividade económica, intelectual e social”, explicou Emma Álvarez, quen lembrou que este DVD será proxectado todos os días, de luns a venres, dende o 8 ata o 22 de marzo ás sete da tarde no salón de actos. O Departamento de Servizos Sociais do Concello de Barreiros organiza diversas actividades para conmemorar o Día Internacional da Muller Traballadora. Celebraranse no centro sociocultural, xuvenil e da terceira idade Manuel Díaz Sampedro o 10 de marzo, domingo, a partir das seis da tarde. O programa de actos inclúe unha representación a cargo do grupo teatral da asociación VEA, que porá en escena a obra titulada ¿Por que a min?. Tamén se levará a cabo a entrega de premios do cuarto certame de poesía A miña nai, muller traballadora e a lectura dos traballos gañadores do certame, no que participan alumnos de 4º, 5º e 6º de Primaria dos Ceip de San Cosme de Barreiros e de San Miguel de Reinante. Cun photocall pola igualdade e coa inauguración de varias rúas conmemorará o Concello de Ribadeo o día internacional das mulleres. Os actos que se van desenvolver foron presentados esta tarde pola concelleira de Igualdade, Mariluz Álvarez Lastra, polo alcalde, Fernando Suárez, e pola responsable do CIM, Luisa González. A edil nacionalista sinalou que “sempre que celebramos esta data facémolo tendo en conta dúas vertentes. Unha de homenaxe, celebración e recoñecemento a todas aquelas mulleres que loitaron ao longo da historia para conseguir os dereitos que agora temos e outra desde un punto de vista reivindicativo tratando de poñer no candeleiro aquela falla de igualdade que aínda existe ou aqueles temas relacionados coa actualidade no ámbito da muller”. Álvarez Lastra explicou que “este ano levaremos adiante unha campaña reivindicativa de sensibilización social, que nós denominamos Igualámonos. Trátase de facer un photocall os días 6, 7 e 8 de marzo, onde queremos facer partícipe a toda a sociedade de Ribadeo das dificultades e desigualdades que existen a día de hoxe no mundo laboral, no mundo educativo… entre homes e mulleres. Ese photocall realizarase en varios lugares do concello, en distintos horarios, e cada persoa que se preste a participar na campaña atopará unha serie de frases alusivas entre as que poderá escoller unha para fotografiarse con ela”. Esta campaña reivindicativa culminará o venres, 8 de marzo, ás 19 horas no Cine Teatro, “onde estará fixo o photocall para aquelas persoas que queiran pasar por alí e facer a súa foto. Tamén se acompaña dun perfil propio no facebook no que se irán subindo as fotos para a xente poida verse e etiquetarse, si así o desexa. É unha forma máis para que a xente que se manifesta a prol da igualdade de xénero poida facer público este compromiso”. A concelleira de Igualdade anunciou que o día 8 de marzo terán lugar dous actos: “a inauguración de rúas con nomes de muller e un concerto no Cine Teatro. Na xunta de portavoces e no pleno foi ratificada unha proposta de catro nomes de mulleres para rúas de Ribadeo que saíron adiante. Comezaremos ás 19 horas cerca da EMMeD, na rúa Manuela Barreiro Pico, que foi a primeira farmacéutica que houbo en Ribadeo. Despois ás 19:20 horas non entorno do colexio Sagrado Corazón daráselle o nome de Sor Pilar de León a unha rúa. Esta muller foi unha profesora que impartiu clase e creou o coro do centro. Ás 19:40 farase a inauguración da rúa Meniñas da Saudade e logo ás 20 horas remataremos na praza contigua ao Cine Teatro, que se denominará praza 8 de marzo. En todas as rúas haberá unha actuación musical a cargo de alumnos e alumnas da Escola Municipal de Música e Danza de Ribadeo e nas inmediacións do propio colexio Sagrado Corazón actuarán os alumnos e alumnas do coro dese centro”. Na praza 8 de marzo terá lugar unha intervención da concelleira de Igualdade, despois haberá unha lectura dos textos das creadoras do caderno Rachando inercias, e a celebración deste día rematará no Cine Teatro cun concerto de Irimia Cantareiras, unha agrupación de música tradicional galega, que actuarán acompañadas de Proxecto Danza, compañía que fusiona baile tradicional galego con outros estilos coma danza contemporánea, tango, hip hop… con entrada totalmente de balde”. Suárez Barcia e Álvarez Lastra convidan “aos veciños e veciñas de Ribadeo que vivan entorno a esas rúas que inauguraremos o día 8 a que acudan a estes actos e á programación festiva que terá lugar ese día. E que participen no photocall, é moi importante que todos sexamos partícipes da reivindicación da igualdade dos homes e das mulleres. Que colaboren con nós nesta campaña de sensibilización social”. O Concello tamén editou un rueiro no que se atopan os viais con nomes de mulleres ribadenses que deixaron pegada e un breve resumo do que supuxeron para esta vila.   O próximo 8 de marzo, Día Internacional das Mulleres, o Observatorio da Mariña pola Igualdade celebrará o seu quinto aniversario de andaina feminista pola Mariña de Lugo. Nestes cinco anos de traballo, leváronse a cabo numerosas actividades nas distintas localidades mariñás, sempre pensadas en prol da igualdade. Charlas-café desde un punto de vista de xénero sobre temas de actualidade, presentacións de libros das nosas escritoras, video-forums para coñecer a situación das mulleres doutras culturas e para visibilizar o traballo das directoras de cinema, campañas e proxectos cos IES mariñás para previr a violencia de xénero no alumnado de secundaria, cursos de fotografía dixital,o concerto Músicas e letras en feminino, para valorar o traballo das artistas da zona, diversas campañas informativas, denuncias públicas, etc. Co lema “Compartindo loitas coas traballadoras do fogar. 5 anos na defensa da igualdade”, o Observatorio adícalle o Día Internacional das Mulleres 2013 ás traballadoras do fogar e organiza un acto informativo o próximo sábado 9 de marzo, ás 17.00h na Casa das Letras de Ribadeo,  sobre a situación deste  colectivo indefenso e triplemente explotado: por mulleres, por traballadoras e por exercer un traballo non visibilizado, non equiparado en dereitos no réxime xeral de traballador@s e, polo tanto, ao que se lle cuestiona o carácter de profesión.  No acto contarase con Mar García Pombo, avogada laboralista que fará un repaso pola situación das traballadoras do fogar e dará a coñecer as novas modificacións no réxime deste colectivo que entraron en vigor neste 2013, após das xa realizadas o pasado 1 de xaneiro do 2012.  O colectivo das traballadoras do fogar sempre estivo na axenda do Observatorio da Mariña pola Igualdade. De feito, o primeiro acto que organizou o Observatorio, fai agora cinco anos, foi unha charla informativa para as traballadoras do fogar en Ribadeo e Burela da man da Asociación de Empregadas do Fogar de Compostela Xiara. E o ano pasado, por mor das modificacións na regulación das traballadoras do fogar que entraron en vigor o 1 de xaneiro, organizáronse de novo charlas e levouse a cabo unha importante campaña de información da nova lexislación por toda a Mariña. Para o Observatorio o 8 de marzo é unha data de celebración, por ser o día Internacional das Mulleres e por cumprir anos de vida a asociación, máis tamén é unha data reivindicativa polos dereitos das mulleres que aínda quedan por conseguir. No Día Internacional da Muller, que se celebra este 8 de Marzo, os mozos e mozas socialistas consideramos que é inadmisible o ataque directo os dereitos da muller que está a levar a cabo o Goberno, poñendo a crise como escusa. As reformas e decisións tomadas a cabo polo Partido Popular agravan día tras día a situación familiar e laboral das mulleres, as grandes prexudicadas polas políticas ultraconservadoras inxustificadas. Xuventudes Socialistas de Lugo esixe o Goberno, con motivo do Día Internacional da Muller, que rectifique e invista nas mulleres españolas para garantir a súa igualdade respecto os homes, que se está vendo seriamente danada polas políticas postas en marcha polo goberno de Mariano Rajoy. En opinión de Xuventudes Socialistas de Lugo, "somos testigos dunha evolución ideolóxica: están frustrando as expectativas de moitas mulleres mozas que confiaron nesta democracia e nesta país para implicarse nun proceso igualitario real". "As mulleres españolas, con moito traballo e esforzo, tomaron parte dun modelo de avance en igualdade no que críamos que sempre iríamos cara adiante, sempre seríamos máis iguais". Dende esta organización xuvenil destacamos o empoderamento e influencia da muller española "grazas as institucións e políticas públicas que fomentaron plans de igualdade e a creación de leis que permitiron cambiar a nosa vida cotiá, penalizando a violencia o acceder a empregos por fomentar a conciliación laboral". Dende Xuventudes Socialistas instamos o goberno a que cese no axuste ideolóxico que reflexa nos Presupostos Xerais do Estado, no tasazo xudicial, na reforma laboral, na LOMCE, na modificación da Lei de IVE, na supresión da lei de dependencia e en todos os campos sobre os que se está estendendo o se modelo conservador, que retrocede 30 anos nos dereitos das mulleres e a súa igualdade real fronte os homes. Os mozos e mozas socialistas cremos que a igualdade entre homes e mulleres é un dos piares da nosa democracia. As reformas e decisións tomadas polo Partido Popular agravan día tras día a situación familiar e laboral das mulleres, as grandes prexudicadas polas políticas ultraconservadoras inxustificables mediante a austeridade.

Radio en directo COPE
  • item no encontrado

En directo 2

Directo Mediodía COPE

Mediodía COPE

Pilar García Muñiz

Escuchar
Directo TRECE Al Mediodía

TRECE Al Mediodía

Con Marco Chiazza y Lucía Crespo

Ver TRECE