• Sábado, 20 de abril 2024
  • ABC

COPE

Noticias

DEPORTES | Mas de 120 ciclistas participarán en la Ruta Medela MTB que tendrá lugar este domingo en Cervo

cope.escope.es

Tiempo de lectura: 1'Actualizado 26 may 2017

A IV Ruta Medela de cicloturismo que terá lugar este domingo día 3 contará coa participación de máis de 120 ciclistas, que xa están inscritos, procedentes de diversos lugares da Mariña, das provincias de Lugo e Pontevedra así como de Asturias. Polo tanto, esta cita deportiva demostra un ano máis a súa capacidade de convocatoria máis alá da comarca mariñá. Unha ruta que organiza o Club Medela MTB e na que colaboran o Concello, a Deputación, Fundación Alcoa e Rodabell. O perfil dos inscritos é o dun ciclista federado, debido precisamente ao tipo de ruta, de dificultade media, e que inclúe un percorrido de 38 quilómetros por vías e camiños do municipio e con tramos de enduro. Cabe destacar que nesta cuarta edición a ruta conta con novos sendeiros de monte destinados exclusivamente a bicicletas e que os mesmos socios do club se encargaron de limpar e preparar. Deste xeito, o percorrido mantense máis ou menos estable con respecto ao ano pasado, pero dispoñendo dalgunhas vías máis axeitadas para as bicicletas de montaña e que lle engaden máis atractivo se cabe á ruta, que de por si xa discorre por lugares de interese paisaxístico, histórico e patrimonial como as antigas fábricas de salgadura de San Ciprián, o camiño real de Cervo, a fábrica de Sargadelos, o conxunto Histórico-Artístico  ou o Paseo dos Namorados. O percorrido comezará ás 9:30 horas, con saída dende as inmediacións da piscina de Lieiro pasando por Vilar, Lieiro, Espiñerido, Cervo, Sargadelos, A Senra e Gondrás para rematar no mesmo punto de partida sobre as 15:30 horas. Na metade do camiño haberá un avituallamento para repoñer forzas e unha comida ao remate.

Radio en directo COPE
  • item no encontrado

En directo

Directo Poniendo las Calles

Poniendo las Calles

Con "El Pulpo"

Escuchar