También en directo
Ahora en vídeo
  • megabanner_1:No existe configuración de publicidad para el slot solicitado

Deportes COPE de la Costa

-El Ayuntamiento de Viveiro ha hecho un reconocimiento público al atleta local Adrián Ben. Tiene un largo palmarés y es una de las grandes esperanzas del atletismo. -Seis equipos van a participar en el II Torneo de Baloncesto de Base que va a tener lugar mañana sábado en la Plaza de Os Campos de San Ciprián. El inicio está previsto para las once de la mañana.

*O acto, presidido pola alcaldesa, María Loureiro, sirve para que o Concello de Viveiro realice un merecidísimo recoñecemento a este atleta viveirense polos magníficos resultados que está a conseguir en cada unha das probas nas que participa.  A pesar da súa xuventude, Adrián Ben atesoura xa un longo palmarés repleto de títulos, triunfos e marcas, superando os seus mellores tempos  e posicionándose, indubidablemente, como unha das grandes esperanzas do atletismo. A piques de cumprir os 17 anos, pode dicirse que Adrián arrasa aló onde vai. Poucos deportistas, só os máis grandes, poden presumir de subir ao podio en todas as probas nas que compiten e Adrián pode facelo, pois, no que vai de temporada, conseguiu metal en todas e cada unha das 14 probas nas que participou. Os logros obtidos son moitos, destacando, neste ano, a proclamación como campión de España xuvenil en 1.500 e 5.000, campión galego en 3.000 e plusmarquista autonómico dos 1.500 metros lisos ou a consecución das mellores marcas nacionais da temporada en catro disciplinas -5.000 metros, 2.000 obstáculos, 1.500 metros e 3.000 metros-, das cales dúas delas son, asemade, a segunda e cuarta mellor marca do ano en Europa. Os resultados falan por si mesmos e só cabe dicir que Adrián é un exemplo evidente de talento, esforzo, superación e constancia. Os resultados obtidos son espléndidos e admirables, o futuro –cun pé no Mundial de Colombia- é máis que prometedor. A alcaldesa, en nome de todos os veciños, transmitiulle a máis sinceira noraboa, pois o nome do deportista xa figura na historia do atletismo, e dixo “estou plenamente convencida de que este só é o inicio dunha longa traxectoria cunhas perspectivas espectaculares” Consciente de que Viveiro carece dunhas instalacións axeitadas para a práctica deste deporte, Loureiro, aproveitou a ocasión para comprometerse publicamente a facer todo o posible na presente lexislatura para dotar a este concello e ao deporte dunhas instalacións adecuadas, ofrecéndolle, en todo caso, a posibilidade de utilizar as infraestruturas existentes.   *Un total de seis equipos de benxamín e alevín de Cervo e Burela participarán mañá sábado no II Torneo de Baloncesto de base que organiza o Concello durante todo o día. Un evento deportivo que reunirá a uns 70 nenos e nenas na praza dos Campos, onde se desenvolverá a competición, agás en caso de chuvia, que se desprazará ao pavillón municipal da Veiga. Ao remate, previsto para as 19 h., farase entrega de trofeos e medallas.  O Concello apostou por organizar o torneo de baloncesto na praza dos Campos, ao igual que o ano pasado, co obxectivo de “fomentar o deporte de base “ e ao mesmo tempo “facer visible esta disciplina para seguir promovendo a súa práctica”, asegura o alcalde de Cervo en funcións, Alfonso Villares. Da mesma maneira, con este evento tamén se fomenta “a actividade no noso concello, nos espazos públicos, sacando o deporte á rúa”, tal e como vén facendo o Concello con outras actividades, como é o caso das Noites Alternativas, que todos os anos convocan a unhas 500 persoas practicando diferentes disciplinas ao aire libre. “Eventos deportivos coma este conseguen atraer a moitas persoas e dinamizar o noso concello, algo que sempre é positivo para o noso tecido comercial e empresarial”, remata Villares.  

Lo más visto