• Martes, 23 de abril 2024
  • ABC

COPE

Noticias

DEPORTES | La concejalía de deportes del Ayuntamiento de Cervo abre el plazo de preinscripción en los cursos de la piscina para el periodo 2013-2014; deben acercarse a las instalaciones de Lieiro para cubrir el impreso

cope.escope.es

Tiempo de lectura: 2'Actualizado 27 may 2017

A Concellería de Deportes, que dirixe Luis Guillén, abre este mércores día 15 o prazo para preinscribirse nas actividades da piscina municipal de Lieiro para o curso 2013-2014 nas que se inclúen cursos de natación de nivel iniciación e perfeccionamento para o público infantil e adulto, cursos para bebés e aquagim.  Para formalizar a inscrición os interesados poden achegarse a partir deste mércores ata as instalacións da piscina e cubrir o impreso, xa sexa no caso de persoas que continúan cunha actividade ou de novos cursillistas. Uns trámites que se realizan con varios meses de adianto ao inicio dos cursos co obxectivo de coñecer a demanda real e poder poñer en marcha as actividades atendendo na maior medida posible ás solicitudes dos usuarios. Polo momento, os cursos iniciados no mes de outubro continúan desenvolvéndose ata finais deste mes, cando rematen a meirande parte deles agás aquagim, que continuará un mes máis. Neles participan unhas 100 persoas entre socios e non socios da piscina, que acoden a actividades acuáticas repartidas en horario de mañá e de tarde. Estas actividades póñense en marcha cada curso co obxectivo de “aproveitar e potenciar a utilización da piscina e das instalacións deportivas de Lieiro en xeral ofrecendo a posibilidade de aprender ou perfeccionar a práctica da natación e outros exercicios acuáticos”, explica Guillén, que engade que “as actividades colectivas impartidas por un monitor son unha boa alternativa para fomentar a práctica de deporte”. Unhas iniciativas ás que tamén se lles unen os traballos de mantemento como forma de “impulsar o uso dunhas instalacións que inclúen, ademais do vaso olímpico, o ximnasio, a sauna e os vestiarios” engade o edil.   Guillén lembra que recentemente se estiveron levando a cabo diversos traballos de reparación e renovación para mellorar o estado das instalacións de Lieiro e acometeuse a adquisición de novo material accesorio para o desenvolvemento dos cursos.

Radio en directo COPE
  • item no encontrado

En directo

La Tarde

Pilar Cisneros y Fernando de Haro.

Reproducir
Directo La Tarde

La Tarde

Pilar Cisneros y Fernando de Haro.

Escuchar