• Jueves, 25 de abril 2024
  • ABC

COPE

Noticias

DEPORTES | El Club de Remo de Celeiro consigue un oro y un bronce en el gallego de remo ergómetro

cope.escope.es

Tiempo de lectura: 2'Actualizado 27 may 2017

O Campionato Galego de Remo Indoor 2013 que se celebrou no pavillón da Malata, en Ferrol, confirmou a boa progresión do Club de Remo de Celeiro. Nunha mañá fría pero á calor de centos de rapaces e rapazas de tódolos clubs de remo de Galicia, os de Celeiro sumaron dous podios aos xa acadados recentemente. Desta volta a medalla de ouro colgouna Álex González, en remo adaptado, gañando por diante do representante de Samertolameu de Meira. Tamén moi meritorio resultou o terceiro posto por equipos conquistado por Adriano Rodrígues, Marcos Santiago Brais Teixeira e Jose Gómez. Xa antes, en categoría individual Adriano Rodrigues, outro dos rapaces que entrenan ás ordes do ferrolán Marcos Peña,  fora séptimo, e Jose Gómez oitavo. O equipo xuvenil b de Celeiro, formado por Vicente Louzao, Jose Luis García, Daniel Silva e Cristian Garciá foi quinto.  Na categoría cadete por equipos, os de Celeiro, cun equipo formado por Hugo Sánchez, Alejandro Piñón, Ángel Paleo e Cristian Giz remataron nun meritorio decimoterceiro posto. Neste campionato que precede ao comezo da liguiña de bateis, o 9 de febreiro, a competencia foi forte: As tandas de infantiles nas que remaron Hugo Sánchez  e Ángel Paleo Sánchez tiveron unha participación de 76 rapaces varóns, acadando eles os postos 13 e 21.  Álex Piñon fixo o 36 mellor tempo de 51 cadetes masculinos.  Pola súa banda, Xavier Lombardero conseguiu para Celeiro o quinto posto de Galicia entre os veteráns e Fran Real, o posto 12. A competición desenvoleuse dende primeira hora da mañá ata ben entrada a tarde e na expedición chilindrina viaxaron pais e directivos de club. O presidente Bernardo Fraga, confía en acadar os patrocinios necesarios para que as distintas categorías poidan acudir aos campionatos de bateis. Asimesmo, confía en que o vindeiro ano Celeiro poida levar tamén representación en categoría feminina, pois xa en épocas pasadas o club consigueu grandes resultados coas rapazas.

Radio en directo COPE
  • item no encontrado

En directo

Directo Herrera en COPE

Herrera en COPE

Con Carlos Herrera

Escuchar