También en directo
Ahora en vídeo
Valadouro |

El PP denuncia "mala gestión e incumplimientos" del tripartito en un año de gobierno

Los populares de O Valadouro, a través de un boletín informativo que reparten por el municipio, quieren hacer llegar a la población los continuos líos  internos entre concejales del grupo de gobierno. Para el PP los líos internos están paralizando la gestión municipal.

De 

Cando se ten cumprido un ano desde a moción de censura asinada por socialistas, nacionalistas e Udival, os populares do Valadouro queren facerse eco da sensación de retroceso e tempo perdido que, dun xeito crecente, están a trasladarlles os veciños do municipio á hora de xulgar a xestión levada a cabo polos actuais responsables do Concello.

O boletín consta de dúas partes, unha primeira na que dan conta da acción de control do Goberno local e unha segunda na que explican as medidas e actuacións desenvolvidas polo PP coa finalidade de dinamizar o municipio e responder ás inquedanzas e preocupacións dos veciños. Aseguran tamén que converter o boletín nunha publicación periódica e animan a todo aquel que queira colaborar ou achegar a súas suxestións a que o faga directamente aos concelleiros populares ou remitindo un correo ao enderezo popularesdovaladouro@gmail.com

XESTIONAN MAL O DIÑEIRO DOS VECIÑOS

No ámbito do balance da acción do Goberno os populares denuncian que o tripartito goberna para os intereses particulares e partidistas dos seus concelleiros en vez de facelo para o conxunto dos veciños. Así o demostran, por exemplo, cando xestionan mal o diñeiro público e, nese senso, lembran situacións xa denunciadas como as acontecidas durante a festa da troita –na que o Concello acabou perdendo diñeiro pese a cobrar as racións–, ou co baile de fin de ano –no o Concello gastou máis de 3.500 euros achegando tan só 300 ao fin benéfico co que se organizou–.

Pola contra os populares denuncian que o tripartito si tomou outras decisións no seu beneficio particular como cando o alcalde percibiu irregularmente unha dieta por trasladarse a unha mesa de contratación en Ourol ou a tenente alcalde do municipio instalou unha terraza na súa cafetería sen contar con licenza e incumprir os requisitos establecidos na ordenanza municipal, que si esixen ao resto dos veciños e comerciantes.

Os populares tamén fan un repaso dos compromisos que PSOE, BNG e Udival adquiriron cos veciños do concello e que non cumpriron nun 99% dos casos e atribúen este desinterese e falta de iniciativa na xestión dos asuntos municipais ás continuas friccións, desconfianzas e liortas internas que protagonzan estes partidos e, moi en particular, os que veñen de protagonizar os socialistas coa tenente de alcalde de Udival

O PP UNHA ALTERNATIVA EN POSITIVO

No ámbito da alternativa en positivo que representa o Partido Popular do Valadouro, os populares sinalan as actuacións que se están a acometer

no Concello son a continuidade das xestións iniciadas polos populares como foron os investimentos da Xunta por máis de 190.000 euros para as obras de Saneamento de Pe de Areosa, Teixoeira e O Campón en Moucide, -60.000 euros para a cuberta do Colexio Santa María, 118.000 euros para contribuír no financiamento dos servizos sociais ou o obradoiro de emprego en conxunto con Alfoz, que supuxo un investimento de 520.000 euros e permitiu a formación de 24 persoas.

Xestións en positivo que son valoradas pola veciñanza e de aí que O PP continúe a ser a opción que acada un maior apoio nas urnas, tras gañar tamén as eleccións europeas como xa aconteceu nas municipais. Ata tal punto é asi que, extrapolando os resultados e tan só un ano despois da moción de censura, hoxe sería inviable o pacto acadado entre socialistas, nacionalistas e Udival xa que os populares obterían maioría absoluta

Lo más visto