• Jueves, 28 de marzo 2024
  • ABC

COPE

Noticias

Ribadeo |

El PP denuncia el abandono de un área recreativa junto al polígono industrial

El presidente de la gestora del PP, Jesús López Penabad, pregunta por la funcionalidad de los cuatro bancos y papeleras ubicados en un terreno dificultoso para caminar como por el “pésimo y lamentable” mantenimiento que está a realizar el ayuntamiento en esta localización Un fruto más de la mala gestión del gobierno del BNG por lo que López Penabad pide el adecuado cuidado de áreas públicas

cope.escope.es

Tiempo de lectura: 1'Actualizado 27 may 2017

O presidente da xestor do Partido Popular de Ribadeo, Jesús López Penabad, denuncia o “estado de abandono” do que “semella ser” unha área recreativa nas inmediacións do polígono industrial da localidade. O dirixente da formación popular en Ribadeo pregúntase en primeiro lugar pola funcionalidade real dos “catro bancos e papeleiras” ubicados nun terreo dificultoso para camiñar, con herbas de importante tamaño en torno aos bancos e localizados en torno ao polígono industrial. Ademais de manifestarse crítico coa ubicación da área recreativa, xa que se pregunta quen pode facer uso dela se non son os traballadores do parque industrial; o popular denuncia o pésimo e lamentable mantemento que está a realizar o concello neste localización. López Penabad chega a asegurar que para camiñar pola zona é necesario o uso de “botas de goma” dado a situación e características do terreo. O presidente do PP na localidade explica que o aspecto palpable de deterioro da área recreativa é un froito máis da mala xestión do goberno local, polo que López Penabad esíxelle de novo ao alcalde de Ribadeo que asuma as súas competencias e polo tanto o adecuado coidado das áreas recreativas públicas.

Radio en directo COPE
  • item no encontrado

En directo

Directo Herrera en COPE

Herrera en COPE

Con Carlos Herrera

Escuchar