También en directo
Ahora en vídeo
  • megabanner_1:No existe configuración de publicidad para el slot solicitado
Lugo |

La delegación territorial de la Xunta distribuye más de 800 árboles para plantar en los ayuntamientos de la provincia

La delegada, Raquel Arias, ha señalado la importancia de “apostar por el carácter productivo y sostenible de los recursos forestales” A lo largo de los próximos días se llevarán a cabo actos en los ayuntamientos de Barreiros, Folgoso do Courel, Monforte, Pantón, Ribadeo y Sober.

A Delegación Territorial da Xunta en Lugo impulsa a conmemoración do Día Forestal Mundial (comunmente recoñecido como Día da Árbore) coa organización e participación durante os próximos días en diferentes actos institucionais de difusión e de concienciación social en varios concellos da provincia. Así o explicou a delegada territorial, Raquel Arias, que apuntou que se distribuirán e plantarán máis de 800 exemplares de especies arbóreas autóctonas mediante esta iniciativa, fixada pola Unesco no día 21 de marzo, e que pretende involucrar a institucións, colectivos cidadáns e escolares. O departamento territorial colabora cos concellos de Ribadeo e Barreiros, aos que achega 80 e 18 árbores, respectivamente, para súa plantación. Neste caso, distribúense freixos, carballos e castiñeiros, na súa meirande parte. Igualmente, na zona da Mariña está prevista a entrega de 104 árbores, a meirande parte castiñeiros, ao CEIP Lois Tobío, Viveiro, e 35 máis ao IES San Rosendo, de Mondoñedo, para proceder tamén á plantación destas árbores. Arias subliñou “a importancia de concienciar á poboación en xeral e, en particular, aos máis novos da transcendencia que ten preservar o medio ambiente”. A delegada territorial aludiu á necesidade de “apostar polo carácter produtivo e sostible dos recursos forestais” buscando a rendibilidade económica porque “o monte, ademais de riqueza patrimonial e cultural, representa tamén unha actividade empresarial que pode xerar moitos postos de traballo e axudar a fixar poboación no medio rural”.

Lo más visto