• Jueves, 18 de abril 2024
  • ABC

COPE

Noticias

Mariña |

El PP se dedicó a provocar a los concentrados desde dentro del congreso

La Plataforma en Defensa de la Sanidad Pública de la Mariña ha dicho que “ni el presidente de la Xunta, ni los dirigentes de su partido en Lugo entendieron nada y siguen con nuevas promesas sin sentido, incomprensión y desprecio”. La ejecutiva socialista de Burela defenderá siempre los intereses de los vecinos y de su Hospital “Gobierne quien gobierne en la Xunta y en el Estado”

cope.escope.es

Tiempo de lectura: 6'Actualizado 27 may 2017

A Plataforma na Defensa da Sanidade Pública da Mariña cualificou de éxito a concentración convocada o pasado sábado en Burela en demanda dunha área de xestión integrada propia para a comarca, investimentos reais para a ampliación e mellora do Hospital da Costa e un compromiso firme da administración coa sanidade pública que evite a súa privatización. Dende a Plataforma lamentaron as provocacións de algúns asistentes ao congreso do Partido Popular que provocaron indignación na xente que aínda así mantivo unha actitude ruidosa pero pacífica. Preguntáronse onde está a austeridade do PP ante o espectacular despregue de  forzas de seguridade que cualificaron de irritante en algún momento e lamentaron o resultado dun ferido que tivo que recibir asistencia sanitaria. Para a Plataforma o mais lamentábel é a incomprensión diante das demandas sociais tanto do Presidente da Xunta como dalgún dirixente provincial e o alcalde de Burela que seguen atizando a indignación social con novas promesas sen contido e o desprezo ante unha demanda social maioritaria da sociedade mariñá. Agradecemento á sociedade polo apoio á convocatoria e satisfacción polo seu resultado ao superar as expectativas previstas nun primeiro momento. Para a Plataforma a sociedade mariñá sabe o que nos xogamos e respondeu con civismo a unha protesta que tiña tres demandas fundamentais: unha área de xestión integrada propia para a comarca, a ampliación e mellora do Hospital da Costa e un compromiso firme da administración coa sanidade pública que evite a súa privatización. “Consideramos a que protesta foi enérxica e ruidosa pero pacífica e evidenciou que as mais de 2000 persoas que asistiron foron un reflexo do sentir da comarca nunha convocatoria comunicada con escasos catro días de antelación.” Os anuncios de Feijoo para licitar a ampliación do hospital son unha nova farsa e un engano á cidadanía. A Plataforma anunciou, como xa se manifestou en días pasados, que a concentración do sábado non foi o punto e final senón que seguirán traballando na defensa da sanidade pública en xeral e na mariña en particular. Neste sentido advertiron que o anuncio do Pte. Feijoo para a licitación da ampliación do Hospital da Costa neste mes “non é mais que un novo engano xa que licitar non significa executar, poden pasar meses e anos cun proxecto licitado e sen executar”, abundando neste anuncio afirmaron que “si Feijoo tivera un compromiso firme con esta actuación teríao dotado economicamente nos orzamentos da Xunta para 2013, cousa que non fixo nin quixo facer ao rexeitar emendas que ían nesa dirección” e por tanto “estamos diante dunha nova farsa e do sexto compromiso do Presidente cara á galería.” En calquera caso seguimos mantendo que o que se agardaba do Sr. Feijoo o pasado sábado era o anuncio da creación da área de Xestión Integrada da Mariña, cousa que non fixo e por tanto desaproveitou unha ocasión marabillosa para dar unha boa noticia que sen dúbida aplaudiriamos. Criticaron a negativa do Presidente a recoller o manifesto que intentaron entregar ”incluso poñéndose en contacto con algún dos asistentes ao congreso e comprometendo a disolución da concentración á entrega do documento” pero só atopamos indiferenza. Dende a chegada do goberno Feijoo á Xunta, entre 2010 e 2013 houbo un recorte no orzamento do SERGAS de mais de 284 millóns de euros, o Hospital da Costa no mesmo período perdeu 4,6 millóns, en asistencia primaria á provincia recortáronselle 29,9 millóns mentres pola contra, o financiamento de hospitais privados concertados na provincia de Lugo subiu 1,4 millóns en relación ao orzamento de 2010. Cabe preguntarse por tanto si a aposta do goberno Feijoo é pola sanidade pública ou pola privada como están a facer outras comunidades do seu mesmo signo político. Mobilización social útil que chocou coa prepotencia e a provocación dalgúns asistentes ao congreso popular que indignaron aos concentrad@s. Con todo, afirmaron que “a mobilización social foi útil e fixo ao goberno popular mover algunha ficha aínda que queden moitas pendentes”, nesta liña manteñen que as declaracións do flamante presidente do partido en Lugo “non van na boa dirección” xa que sigue defendendo a área de xestión integrada e “non aclara si vai ser provincial ou comarcal”. Para a Plataforma outras declaracións publicadas nos medios de comunicación polo alcalde de Burela e o Secretario Provincial do PP, Sres. Barcia e Balseiro, “non merecen mais que desprezo xa que insultan aos centos de persoas que se concentraron con enerxía pero pacificamente” e “só buscan embarrar e desvirtuar unha demanda que eles mesmos se encargan de atizar”. Na mesma liña preguntáronse si “non serían estes mesmos atizadores os que animaron a militantes populares asistentes ao congreso á provocación con constantes cortes de manga e lanzamento de moedas aos afectados polas preferentes.” Para a Plataforma Barcia e Balseiro confúndense, “si o PP tiña algunha reserva para xantar en Burela ninguén lle quitou de facelo e moito menos xubilados, matrimonios con fillos ou sanitarios armados con potas e tixolas”.  Por último cualificaron de excesivo e desproporcionado o despregue policial “que axudou a quentar algúns ánimos pero en xeral houbo unha actitude ruidosa e contundente pero pacífica”, a xente en ningún momento superou as vallas do bunker no que converteron a Casa da Cultura de Burela”, lamentaron o exceso de celo en algún momento e a existencia dun ferido “que podería terse evitado” e tivo que recibir asistencia no Hospital da Costa. Para a Plataforma “resulta curioso comprobar a austeridade e a ausencia de recursos dos xestores populares coa sanidade pública e os excesos e falta de control no gasto público cando eles son os protagonistas e poñen unha barreira policial entre eles e a cidadanía”.     Dende a Comisión Executiva do PSdG-PSOE de Burela queremos felicitar ós centos de cidadáns da Mariña que o pasado día 2 de marzo se manifestaron en Burela para reclamar a área sanitaria para A Mariña e que o noso Hospital se siga a xestionar dende Burela e non dende Lugo como pretenden os nosos mandatarios do Partido Popular. Como xa manifestamos no seu momento a Comisión Executiva do PSdG-PSOE de Burela deu o seu apoio a esta mobilización e participou activamente na mesma, e queremos manifestar a todos os veciños e veciñas de Burela que esta Comisión Executiva  vai a estar sempre defendendo os intereses do pobo de Burela e do seu Hospital goberne quen goberne na Xunta ou no Estado, queremos deixar claro que para esta Comisión Executiva os intereses dos nosos veciños están por riba de calquera outro interés. É por isto que denunciamos unha vez máis a falla de compromiso do Sr Barcia e do equipo de goberno do PP cós veciños e veciñas ós que representa, e unha vez máis volta a pregarse ós intereses da súa formación política en vez de mirar polos intereses dos seus veciños e veciñas. O Sr Barcia desperdiciou unha oportunidade única para estar ó lado dos seus veciños e pasar de ser unha marioneta do Partido Popular a ser un defensor do pobo e dos veciños de Burela. Que nin dicir ten que as declaracións con respecto ás perdas da hostalería de Burela que tanto o Sr Barcia como o Sr Balseiro fixeron son un auténtico despropósito e eles mesmos se descalifican por si mesmos, ¿onde estaban estes señores cando o goberno do Estado decide espoliar ós cidadáns e os negocios deste país con subidas de IVA, recortes nas pagas dos funcionarios ou recortes nas pensións? ¿Acaso estas medidas beneficiaron ós hostaleiros deste país? Máis tendo en conta que o Sr Barcia estivo a negociar cos hostaleiros de Burela para que lle deixaran as comidas "arranxadas" de prezo, ¿cal era a ganancia dos hostaleiros? ¿ter a"honra" de servir ós cargos do Partido Popular?. ¿Porqué a Ministra foi a cear e durmir fóra do noso pobo despois de inaugurar a Capitanía se tanta preocupación había pola hostalería do pobo? Por outra banda queremos criticar o despregue policial totalmente desproporcionado que se fixo o sábado en Burela, e alguén debería de explicar o custo en cartos públicos de semellante despregue e se este acto do Partido Popular lle custou algo os veciños e veciñas de Burela. Así mesmo criticar a actitude de algún dos membros de este congreso do Partido Popular que estiveron a provocar á xente alí concentrada en defensa do Hospital, incluso chegando a tirar moedas contra a xente alí concentrada á saída do acto. Criticar tamén a desproporción da actuación policial con respecto á detención dun veciño de Burela na que se asoballou e empurrou á xente sen ningún tipo de xustificación usando unhas formas e unha violencia máis propia de outros tempos, tempos que desgraciadamente parece que ó Partido Popular lle gustaría que voltasen. Para rematar pedímoslle ós alcaldes da Mariña unión en defensa da autonomía do Hospital e manifestar que o PSdG-PSOE de Burela estará da man daquelas persoas que sen dúbidas e decididamente defendan un Hospital con máis servizos e con total autonomía na súa xestión. Queremos tamén mostrar o noso apoio ó actual Director do Hospital da Costa pola valentía mostrada ó explicar á sociedade mariñá o que suporía unha área sanitaria centralizada en Lugo e os seus efectos catastróficos na saúde dos nosos veciños e veciñas.

Radio en directo COPE
  • item no encontrado

En directo

Directo Herrera en COPE

Herrera en COPE

Con Carlos Herrera

Escuchar