También en directo
Ahora en vídeo
  • megabanner_1:No existe configuración de publicidad para el slot solicitado
Mariña | La Gerencia de Atención Primaria lo anunció a la Junta de Personal

El decreto de gestión integrada empezará a aplicarse dentro de un mes en la provincia de Lugo

La Plataforma en Defensa de la Sanidad Pública en la Mariña, una vez conocida la noticia, acusa al PP de “mentir sobre el mantenimiento de la autonomía en la Mariña”, por lo que llama a la población a mobilizarse e “impedir el desmantelamiento del sistema público de salud en la comarca”

A Xerencia de Atención Primaria en Lugo comunicou hoxe á Xunta de persoal de Atención Primaria en Lugo que o Decreto de Xestión Integrada terá unha aplicación inmediata en Lugo e será de ámbito provincial co que a Mariña perderá a súa autonomía de xestión. Deste xeito vemos como o Partido Popular volve mentir aos cidadáns da comarca sobre o mantemento da autonomía da área Norte de Saúde que agrupa a 14 dos 15 concellos da comarca e atende a mais de 70.000 persoas. Para a Plataforma é necesario que a xente tome conciencia da grave situación que este feito vai provocar e fai un chamamento a mobilizarse para facerlle saber aos responsábeis do SERGAS que A Mariña non está disposta a perder o conseguido nos últimos anos. A Plataforma fai un chamamento á poboación a mobilizarse para non perder o que temos O anuncio da xerencia provincial de Atención Primaria de que no prazo dun mes daráselle aplicación ao Decreto de Xestión Integrada no ámbito provincial é a constatación do que a Plataforma xa viña dicindo nos últimos días “o PP mentiu á cidadanía mariñá sobre o mantemento da autonomía de xestión da Área Norte de Saúde xa que esta quedará diluída para depender dunha xerencia única en Lugo”. “Os efectos desta decisión non se van deixar esperar xa que provocará a mobilidade do persoal sanitario e o incremento no desmantelamento dos servizos, xa deteriorados, que hoxe se prestan no Hospital da Costa.” Neste sentido, dende a Plataforma que agrupa a colectivos cidadás, de doentes, sindicais e políticos, “fan un chamamento á poboación mariñá a mobilizarse para non perder o que temos”, non podemos permitir, insistiron, “que a prestación sanitaria pública dos e das marinás volva aos tempos das peregrinacións de doentes centos de quilómetros para recibir asistencia sanitaria adecuada”. O colapso nas urxencias e noutras áreas do Hospital da Costa é insostible e non estamos falando dunha situación puntual senón da quebra do sistema. O abandono e o desmantelamento total da asistencia primaria froito das políticas de recorte aplicadas polo Partido Popular non fai mais acrecentar os problemas de falta de espazo e persoal no Hospital da Costa. A saturación dos centros de saúde de primaria por sobrecarga de traballo nun persoal que fai o que pode, provoca listas de agarda e colapsos nas urxencias do Hospital da Costa que engade á falta de persoal a falta de espazo que seguirá sendo así despois de que o PP tombara onte no Parlamento as emendas da oposición para incrementar o gasto sanitario. Para a Plataforma os recortes orzamentarios teñen un efecto multiplicador e en cadea e poñen o exemplo de pacientes ingresados no Hospital da Costa que agardan a implantación de marcapasos mentres non se desbloquea a saturación doutros centros hospitalarios preparados para aplicar estes tratamentos,  a plataforma cualificou de inhumano que haxa xente conectada en Burela a marcapasos externos agardando a que se solucione a súa situación.