• Jueves, 28 de marzo 2024
  • ABC

COPE

Noticias

Ribadeo |

La décima edición del "Ribadeo de Tapeo" será del 9 al 17 de mayo

Los establecimientos hosteleros  que quieran participar en esta cita gastronómica pueden presentar sus propuestas hasta el lunes 13 de abril, según han informado desde la concejalía de desarrollo local y turismo

cope.escope.es

Tiempo de lectura: 1'Actualizado 10 abr 2017

A cita gastronómica está organizada polo Concello e pola Área de Cultura e Turismo da Deputación de Lugo. A concelleira Ana Martínez sinala que “o Ribadeo de tapeo cumpre unha década de vida colleitando éxito tras éxito tanto entre o público como entre os seus máximos protagonistas: os profesionais dos establecementos da hostalería ribadense”.

A edil de Desenvolvemento Local e Turismo subliña que “esta cita é o noso maior escaparate gastronómico, un espazo onde compartir novas ideas e propostas desta cociña en miniatura, un espazo onde fomentar a nosa cultura da tapa”. E engade: “como cada ano, esta edición vense celebrando no mes me maio e as datas serán os  do 9 ao 17 de maio, ambos incluídos. Todos aqueles establecementos de Ribadeo que desexen participar teñen ata o día 13 de abril para presentar as súas propostas , para elo deberán cumprimentar o boletín de inscrición dispoñible na paxina web do Concello www.ribadeo.gal e presentalo por rexistro. Para calquera cuestión ou dúbida pódense por en contacto con adl@ribadeo.org ou no teléfono: 982 128 650”.

Cada establecemento poderá presentar 1 tapa a concurso, que se venderá ao prezo de 1,30 euros. Haberá tres premios, que serán decididos por un xurado profesional, para as tres mellores tapas presentadas a concurso; dous premios que decidirá o público: a mellor tapa e a mellor barra; e o premio “Tapa de Ribadeo”, que será para a mellor realizada con produtos da zona.

Desde a Concellaría de Desenvolvemento Local e Turismo engaden que “nesta convocatoria, nesta décima edición, os establecementos participantes poderán darlle difusión á posible oferta de tapas vexetarianas e tapas aptas para celíacos”.

Radio en directo COPE
  • item no encontrado

En directo

Directo Herrera en COPE

Herrera en COPE

Con Carlos Herrera

Escuchar