También en directo
Ahora en vídeo
  • megabanner_1:No existe configuración de publicidad para el slot solicitado
Empresas |

"Curricán" empresa que elabora y envasa pescado capturado por barcos de Burela

Diez mil botes de bonito, pulpo y caballa es la producción inicial de Conservas Artesanas Curricán; empresa formada por tres mujeres y que tiene su sede en Xove. La delegada territorial de la Xunata, Raquel Arias, que participó en la presentación del nuevo proyecto subvencionado por el ejecutivo autonómico, resaltó la importancia de las mujeres emprendedoras y el valor añadido de los recursos naturales para el crecimiento económico.

No acto de presentación que tivo lugar no restaurante Parrillada de Antonio o alcalde de Burela, José Mª González Barcia, subliñou “o paso adiante que demostra a capacidade de emprender novas iniciativas empresariais na provincia e de xeito particular na costa de Lugo” e dixo que “aquí se parte dun produto que é capturado polos barcos de Burela e que se vende na lonxa burelesa. Por iso nos puxemos á súa disposición para todo o que sexa a súa promoción e divulgación, porque van levar o nome de Burela polo mundo adiante e é lóxico que teñan apoio institucional”. Pola súa banda o rexedor de Xove, Demetrio Salgueiro, indicou que “é digno de alabar a posta en marcha desta conserveira por parte destas tres mulleres” e auguroulles “éxito polo empuxe co que se puxeron a traballar e co que seguen adiante”. E a delegada territorial da Xunta en Lugo, Raquel Arias, aplaudiu ás promotoras da empresa, Nieves Medina, Nuria Carreño e Placer Rodríguez, pola iniciativa que, segundo considerou, “reúne valores fundamentais, ao tratarse dunha actividade emprendedora, unha industria transformadora de produtos do mar, que ademais está impulsada por mulleres”. Conservas Artesanas Curricán chegou ao mercado en decembro cunha produción de 10.000 botes de peixe de Burela. Nas súas instalacións envasan: cogote, ventresca e lomos de bonito en aceite de oliva, lomos en escabeche e tamén migas de bonito en aceite de oliva, polbo en aceite de oliva, polbo con fabas e xarda en aceite de oliva e en escabeche. Esta última comezará a comercializarse no prazo duns dous meses, porque atópase en proceso de maduración. Nuria Carreño subliñou que “se trata dunha produción totalmente artesanal, que inclúe receitas herdadas dalgunha aboa. O que fixemos foi recoller a tradición, respectándoa ao máximo. Así é como se lle saca sabor e partido a esta materia prima tan espectacular que temos no porto de Burela: o bonito, o polbo da pedra e a xarda”. E engadiu que “a nosa produción vai destinada a un mercado que saiba valorar e degustar estes produtos. Traballaremos respectando os ciclos do mar e mimando o proceso de elaboración destas materias primas”. Ao acto celebrado en Lugo asistiron tamén, entre outros, o patrón maior da confraría de pescadores de Burela, o presidente de Armadores de Burela, e o presidente da Organización de Produtores Pesqueiros de Lugo. Os asistentes degustaron despois os produtos capturados polos barcos bureleses, elaborados, cociñados e envasados por Conservas Artesanas Curricán.   A delegada territorial, Raquel Arias, destacou que o impulso ao emprendemento resulta “esencial no actual contexto de crise para o crecemento económico”, e sinalou como factores importantes “o emprendemento feminino e o valor engadido aos nosos recursos naturais”. Arias realizou estas declaracións no marco da presentación en Lugo de Curricán Conservas Artesáns, unha empresa xurdida en Xove da man de tres emprendedoras, que contaron co  apoio da Xunta de Galicia para o seu financiamento. A delegada aplaudiu ás promotoras da empresa, Nieves Medina, Nuria Carreño e Placer Rodríguez, pola iniciativa que, segundo considerou, “reúne valores fundamentais, ao tratarse dunha actividade emprendedora, unha industria transformadora de produtos do mar, que ademais está impulsada por mulleres”. Nesta liña, Arias lembrou que aínda que “quedan handicaps que dificultan o éxito das mulleres emprendedoras”, a taxa de emprendemento feminina en Galicia “pasou do 2,26% en 2010 ao 4,08% en 2011, un incremento maior que o que experimentou a dos homes”.  A porcentaxe refírese ás mulleres de entre 18 e 64 anos inmersas nun novo proxecto empresarial. A delegada referiuse ao proxecto da Lei de Emprendemento aprobado recentemente polo  Consello da Xunta, que “contempla a mobilización de máis de 15 millóns de euros a través de liñas de axudas” e persegue  “o incremento do número de emprendedores, simplificando para elo os trámites e ofrecendo todo o apoio da administración para a creación de novas empresas”. Arias explicou que os cambios normativos súmanse ao esforzo económico realizado pola Xunta mediante a habilitación dun Fondo para o Emprendemento “co que axudar aos empresarios nese primeiro momento de impulso do negocio”. No acto de presentación da empresa mariñá participaron tamén, entre outros, os alcaldes de Xove e Burela, Demetrio Salgueiro e José María González Barcia respectivamente, o patrón maior da Confraría de Burela, Basilio Otero, e o presidente de Armadores de Burela, Abelardo Basanta.

Lo más visto