• Martes, 16 de abril 2024
  • ABC

COPE

Noticias

Burela | Fue en el pleno del Parlamento de Galicia

El PP critica la negativa del PSOE para apoyar la revisión de las tripulaciones mínimas que pide el sector pesquero

El pasado miércoles el pleno del Parlamento aprobó una proposición referida a la actualización de las tripulaciones mínimas en el sector pesquero; proposición que salió adelante con los únicos votos favorables del PP. Los populares afirman que los socialistas desconocen la realidad del sector y les piden que se sumen al acuerto aprobado en el Parlamento.

cope.escope.es

Tiempo de lectura: 1'Actualizado 27 may 2017

Para o Partido Popular de Burela, “co seu voto en contra, o PSOE dalle literalmente as costas ó sector pesqueiro, porque o que demanda precisamente o sector é adaptar as tripulacións á situación actual en base a criterios de operatividade e competitividade. Resulta sorprendente que un partido que tivo responsabilidades de goberno desatenda a un sector que é fundamental para Burela e para A Mariña, o  que demostra que descoñece a realidade presente do sector.” Para os populares bureleses, “a postura socialista resulta de maior gravidade ainda se temos en conta que o seu voceiro de pesca no Parlamento, o Sr.Val Alonso, foi delegado territorial na materia e por riba é de Foz, pero que no pleno do pasado mércores demostrou estar máis na onda de organizacións que non miran precisamente polo sector pesqueiro”. Ademais, resulta curioso que o PSOE, que está pedindo pactos co PP para todo, rexeitara a petición feita por Balseiro de asumir parte do posicionamento dos socialistas en materia de titulacións mínimas. O PP brindouse a chegar a acordos co PSOE e estes rexeitaron a petición, así de clara é a situación. Por eso, “desde o PP de Burela facémoslle un chamamento ó Grupo Parlamentario Socialista para que reconsidere a súa postura e se afane en buscar puntos de acordo co PP neste asunto, porque este pacto sería positivo para o sector de cara a facilitar a operatividade dos nosos pesqueiros. Deben lembrar os socialistas que nestes tempos que estamos a vivir, nos que se pide manter os postos de traballo, que no mundo do mar a única maneira de manter os postos de traballo é que os barcos poidan faenar e pescar, e eso é o que pide o sector”. 

Radio en directo COPE
  • item no encontrado

En directo

Directo Herrera en COPE

Herrera en COPE

Con Carlos Herrera

Escuchar