También en directo
Ahora en vídeo
  • megabanner_1:No existe configuración de publicidad para el slot solicitado
Mondoñedo |

El PP critica la "dejadez" del equipo de gobierno en la tramitación de la licencia a la subestación

Los populares mindoniense insisten en que la “desgana del equipo de gobierno” fue alarmante y provocó que se concediera la licencia por silencio administrativo positivo, también poco interés han mostrado en la defensa jurídica del expediente. Desde el PP se ponen a disposición de los vecinos en la defensa de lo que sea mejor para el Ayuntamiento mindoniense Recuerdan que en el año2006 se denegara la prórroga de la licencia de obras otorgada en el 2004 “que puso los contadores a cero en este asunto”

O Partido popular de Mondoñedo, “co firme propósito de buscar solucións aos problemas dos veciños”, novamente se coloca no lugar mais axeitado, e con plena dispoñibilidade para colaborar. Así o puxeron de manifesto os populares que critican a “deixadez” do equipo de goberno tanto na tramitación da licenza sobre a subestación como na defensa xudicial. ANTECEDENTES Os populares lembran que, tras que caducara a licenza outorgada no 2004; no 2006, un goberno popular denega a prorroga da licenza de forma expresa. Neste senso, dende o Partido Popular lembran que os contadores “realmente puxéronse a cero para o actual equipo de goberno en setembro do 2007 cando novamente se solicita licenza e o actual equipo de goberno, BNG/PSOE fan caso omiso, e acaban permitindo que a licenza se entenda concedida por silencio positivo”. Os populares consideran que “resulta moi difícil de entender a non contestación neste procedemento, toda vez que as obras que afecten a subestación de Mondoñedo, sempre foron un asunto de gran importancia para moitos veciños da nosa localidade”. “Sen dúbida, podemos entender que se dean ou deneguen licencias cos informes pertinentes, pero o que resulta imperdoable e que O NON TRABALLO e a deixadez na tramitación dos procedementos, acaben dando dereitos a terceiros”, matizan dende o PP. A maiores, para os populares “a deixadez continuou no que a defensa xudicial se refire dado que a sentenza recolle que dende o Concello non foron quen de esgrimir nin un solo dos elementos que demostrarían que a obra era contraria o ordeamento xurídico”

Lo más visto