• Viernes, 19 de abril 2024
  • ABC

COPE

Noticias

Piragüismo

La IV Copa Diputación de Piragüismo contará con seis regatas puntuables, una por cada club participante

El vicepresidente de la Diputación y responsable de las áreas de Bienestar Social y Deporte, Antonio Veiga, presentó la IV Copa Diputación de Piragüismo en la sede del Club de Viveiro, acompañado por representantes de los seis clubes que participarán en esta competición que se disputará entre los meses de abril y agosto de este año. Esta edición repartirá 16.800 euros entre los clubes participantes, basándose en dos criterios fundamentales: participación (40%) y clasificación (60%)

cope.escope.es

Tiempo de lectura: 2'Actualizado 27 may 2017

Segundo indicou Veiga, “esta proba é un auténtico éxito desde a súa primeira edición e medra en poder de convocatoria, atraendo a moitísimos deportistas ao remo e, igual que na súa primeira edición, constará de seis regatas xa que cada proba é organizada en colaboración con cada club participante no seu lugar de orixe”. “Grazas a poñer en marcha esta copa – continuou o vicepresidente-  logramos que se incrementasen o número de fichas federativas, o que significa que máis xente practica piragüismo en Lugo, porque este diñeiro redunda nos propios clubs e supón unha inxección económica importante en concepto de premios, que axuda a manter a actividade dos clubs, ademais da propia motivación que supón pelexar por unha mellor clasificación e número de padexeiros inscritos, que tamén puntúa positivamente de cara a mellorar a clasificación na competición”. Tal e como o ano pasado, os clubs participantes poden inscribir a padexeiros de todas as categorías desde benxamín a veteranos en Kaiak, e desde infantil a veterano en Canoa. As regatas puntuables desta IV Copa Deputación de Piragüismo son organizadas por cada un dos clubs participantes e as datas son as seguintes: 05/04/2014 10.00h - Regata de Lugo (organizada polo Club Fluvial de Lugo) 04/05/2014 10.00h - Regata de Lugo (organizada polo Club Cidade de Lugo) 22/06/2014 15.00h - Regata de Ribadeo (organizada polo club local) 06/07/2014 16.30h - Regata de San Cibrao (organizada polo club local) 10/08/2014 16.00h - Regata de Viveiro (organizada polo club local) 24/08/2014 16.00h - Regata de Foz (organizada polo Kaiak de Foz) A IV Copa Deputación de Piragüismo prevé destinar en premios a todos os clubs 16.800 euros, incrementando así a cantidade de edicións anteriores. Nesta IV edición a partida económica a repartir entre os clubs basearase en dous criterios: participación (40% do total segundo o número de padexeiros inscritos) e clasificación (60% do total segundo os postos conseguidos).  “Un dos obxectivos que establecemos desde a nosa chegada á área de Deporte da Deputación centrouse na revitalización dun deporte histórico en Lugo, como o piragüismo, comezando por volver a poñer en marcha a escola de Piragüismo que se atopaba en estado de abandono, para logo centrarnos en apoiar aos clubs lucenses de piragüismo, auténtico motor do deporte, a través da mediación da Federación Galega de Piragüismo, para organizar esta competición da que hoxe poñemos en marcha a súa cuarta edición, a Copa Deputación de Lugo de Piragüismo” – concluíu Veiga  

Radio en directo COPE
  • item no encontrado

En directo

Directo Poniendo las Calles

Poniendo las Calles

Con "El Pulpo"

Escuchar