• Jueves, 25 de abril 2024
  • ABC

COPE

Noticias

Mariña |

Consumada la traición del SERGAS y la mentira del PP con la publicación del decreto de gestión integrada en el DOG

La Plataforma en Defensa de la Sanidad Pública de la Mariña registrará en Burela las dos mil firmas que piden un área de gestión integrada propia para la comarca y anuncia su presencia en los plenos donde se debatan iniciativas sobre el asunto En el BNG creen que “esta es la consumación del ataque del PP a los derechos sanitarios de los mariñanos” Para el PP el decreto establece la gestión de los recursos de atención primaria y especializada de la Mariña bajo la gerencia ejecutiva de la comarca. La gestión integrada tiene demostrado, allí donde se aplica, que acerca más servicios a los pacientes y evitará desplazamientos.

cope.escope.es

Tiempo de lectura: 6'Actualizado 26 may 2017

A Plataforma na Defensa da Sanidade Pública da Mariña integrada en SOS Sanidade Pública que agrupa na comarca a organizacións de doentes, veciñais, culturais, organizacións políticas e sindicais saíu hoxe ao paso da publicación no DOG do Decreto de Xestión Integrada de Lugo que consuma a traizón dos compromisos adquiridos polo SERGAS e o Pte. da Xunta en 2010 para que a comarca contara cunha xerencia de seu con capacidade para decidir sobre recursos humanos, económicos, infraestruturas e prestación de servizos da área Sanitaria, do Hospital da Costa e os centros de saúde. O Decreto establece con claridade a existencia xerentes executivos en Burela e Monforte que estarán ao que dispoña  o novo xerente de área integrada con dirección en Lugo. A Plataforma anunciou que o próximo martes ás 11:00 no portelo único do Concello de Burela dará rexistro aos milleiros de sinaturas recollidas na iniciativa promovida por persoal do Hospital da Costa reclamando unha área de xestión integrada propia. Igualmente anunciou varias iniciativas entre elas a presenza nos plenos da comarca onde se debatan iniciativas relacionadas con este tema. CONSÚMASE A TRAIZÓN DO SERGAS E O PRESIDENTE DA XUNTA COA PUBLICACION DO DECRETAZO DE ÁREA INTEGRADA DE LUGO A Plataforma valorou como “a consumación dunha traizón anunciada dende fai tres anos pola Plataforma” que leva insistindo en que “a decisión da Consellaría de Sanidade e o Pte. da Xunta para deixar sen competencias propias na xestión da sanidade pública na comarca era unha decisión tomada e só a contestación social atrasou a súa execución”. A Plataforma, en referencia aos facultativos do Hospital da Costa, “alégrase de que haxa quen agora se sume ás súas teses e polo tanto agora toca remar todos e todas na mesma dirección para derrogar este decreto e traballar para que A Mariña conte cunha xestión integrada propia que agrupe sanidade primaria e especializada xa que ten todas as características necesarias que sexa así” Lamentan a incomprensión, ausencia de cordura e desprezo polos intereses da cidadanía dos alcaldes e alcaldesas do Partido Popular na Mariña que preferiron poñerse do lado dos ditados do partido no canto de facelo ao lado dos intereses xerais daqueles que os colocaron nos seus postos. A RECOLLIDA DE SINATURAS PROMOVIDAS POR PERSOAL DO HOSPITAL DA COSTA PARA RECLAMAR UNHA ÁREA DE XESTIÓN INTEGRADA PROPIA SERÁN REXISTRADAS POLA PLATAFORMA O MARTES ÁS 11 DA MAÑÁ NO PORTELO ÚNICO DE BURELA “Representantes da Plataforma xunto con persoal do Hospital que promoveron a recollida de sinaturas” reclamando “unha área de xestión integrada propia para a comarca, a adecuación do cadro de persoal do hospital ás necesidades da poboación e o cumprimento do compromiso de ampliación do Hospital da Costa que foi apoiada por milleiros de mariñás e mariñaos rexistrarán o martes 16 ás 11:00 no portelo único do Concello de Burela” esta demanda dirixida á Conselleira de Sanidade “para facerlle ver que na comarca somos moitos os que non estamos dispostos a dar pasos atrás nas nosas prestacións sanitarias públicas e que en ningún caso aceptaremos as políticas tendentes á súa privatización.” A PLATAFORMA ESTARÁ PRESENTE NOS PLENOS DOS CONCELLOS ONDE SE TRATEN INICIATIVAS REALTIVAS Á SANIDADE A Plataforma acordou nunha xuntanza esta semana varias iniciativas, entre elas estará presente nos plenos da comarca onde se debatan iniciativas relativas á sanidade na comarca por mocións presentadas polas diferentes forzas políticas. Segundo informaron, “todo aquilo que non vaia na dirección de demandar unha área de xestión integrada propia para a comarca vai na contra do que demandamos e será contestado con serenidade pero con contundencia”. A Plataforma ao marxe doutras iniciativas xa decidas e pendentes de concretar, ten previsto a organización de foros de debate entre eles a presenza de representantes do persoal e da Plataforma na Defensa da Sanidade Pública do Barco de Valdeorras para que dean conta do xa está a suceder nesa comarca onde xa leva tempo aplicándose do decreto de xestión integrada que baleirou de competencias a área sanitaria do Barco para darllas a Ourense.   A responsábel comarcal do Bloque Nacionalista Galego na Mariña, Ana Ermida, acusou ao presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, de “liquidar os dereitos sanitarios da Mariña coa implantación da área de xestión integrada de Lugo que limita o acceso aos servizos sanitarios e racha coa calidade de vida dos mariñáns, que ademais deberán dedicar máis recursos económicos para poder ser atendidos, unha realidade que acaba de ser confirmada coa publicación hoxe no DOG do DECRETO 55/2013, do 21 de marzo, polo que se regula a estrutura organizativa de Xestión Integrada das áreas de Lugo, Cervo e Monforte de Lemos”. Para Ana Ermida, “a publicación do decreto de xestión sanitaria integrada confirma a mentira do PP. A Xunta de Galiza con Feijóo mentiu aos mariñáns xa que hai 3 anos afirmaba que a Mariña tería plena capacidade de xestión e agora vemos como o DOG certifica a Xestión Integrada das Áreas da Mariña e Monforte en Lugo”. “Se o PP atendese a criterios técnicos, de eficiencia de xestión ou calquera outra cuestión, en ningún momento se plantexaría crear esta centralización da xestión en Lugo. Con isto demóstrase que o PP só atende ás súas propias razóns, desoíndo aos miles de mariñáns e mariñás que se manifestaron, desde usuarios e usuarias do servizo a persoal facultativo e traballadores da sanidade. Por iso, non é de estrañar a postura dos alcaldes do PP da nosa comarca, rexeitando en todo momento calquera encontro para tratar de poñer enriba da mesa unha solución á xestión integrada en Lugo, se cadra porque sabían que isto non tería volta atrás e que o único que estaban a tentar facer desde a Xunta de Galiza era acalar as críticas con mentiras”- expresou Ana Ermida. Os nacionalistas entenden que a xerencia única impedirá os novos investimentos prometidos tanto para os centros de saúde como para os centro hospitalario, así como a implantación de novos servizos e especialidades e que a sanidade da Mariña irase  desmantelando progresivamente. Ana Ermida sentenciou que “recortar en sanidade é recortar en saúde como xa se está demostrando en países coma o Reino Unido onde a falla de atención por falla de persoal tras os recortes levados a cabo provocou importante neglixencias médicas que conduciron á morte de varios pacientes. Un goberno responsábel e comprometido co seu pobo debera ter como prioridade a promoción e garantía da saúde e, polo de agora, todas as medidas sanitarias aprobadas polos gobernos da Xunta e do Estado rachan coa equidade do nosos sistema sanitarios.”     Apoiándose na nova normativa os populares lamentan o alarmismo que está xerando a oposición entre a cidadanía desta comarca e aseguran que a Xunta de Galicia mantén á Mariña como área sanitaria propia tal e como prometeu. O Decreto deixa claro que non se modifica o mapa sanitario e que continúan plenamente vixentes e operativas as tres áreas sanitarias lucenses: a da Mariña (coa denomiación oficial de área sanitaria de Cervo), Lugo e Monforte. XERENTE EXECUTIVO O Decreto publicado hoxe crea tamén unha nova figura a o “Xerente Executivo” da Mariña que verá reforzadas as súas competencias. Desde o seu despacho sito no Hospital de Burela xestionará todos os recursos de atención especializada (hospital) e primaria (centros de saúde) da Mariña, estes últimos dirixidos antes desde Lugo. O Xerente Executivo da Mariña,  xestionará todos os servizos sanitarios de todos os concellos do ámbito de influencia do hospital, que son os de: Alfoz, Barreiros, Burela, Cervo, Foz, Lourenzá, Mondoñedo, Ourol, Ribadeo, Trabada, O Valadouro, O Vicedo, Viveiro e Xove UN XERENTE CON MÁIS CAPACIDADE DE DECISIÓN Por si esto fóra pouco a normativa publicada hoxe di que en todo o non regulado expresamente aplicarase o disposto no Decreto 168/2010, do 7 de outubro que no seu artigo 13 establece as Funcións e competencias da figura do novo Xerente Executivo. Atendendo a normativa podemos asegurar que o Xerente Executivo da Mariña non só verá reforzadas as súas competencias senón que incluso terá máis capaciade de decisión: en materia de persoal, en materia de xestión económica e orzamentaria e de atención aos pacientes. De feito o artigo 13 establece que este novo Xerente Executivo exercerá entre outras as seguintes funcións: Xestionará a demanda asistencial tanto de atención primaria, como especializada como sociosanitaria. Asumirá a responsabilidade do gasto: En materia de persoa, gastos xerais da área sanitaria e farmacia Asumirá a responsabilidade da xestión de todos os recursos asignados ao seu ámbito de competencias para garantir a prestación dos servizos definidos na carteira de servizos. Executará os plans de calidade, seguridade e atención ao cidadán no seu respectivo ámbito. Atenderá as reclamacións e queixas verificando que o proceso se cumpre en tempo e forma. E iImpulsará e fomentar a investigación, o desenvolvemento, a innovación e a transferencia de coñecemento sanitario no seu respectivo ámbito.   O NOVO RETO O Xerente Executivo da Mariña terá ademais de levar adiante a ampliación do Hospital da Costa, un dos obxectivos impulsados polo actual Goberno galego, logo de que o Consello da Xunta avalara e o Diario Oficial de Galicia publicase a licitación do Plan Director, para o que se destinana 142.000 euros nesta anualidade. Por primeira vez na historia da Mariña o Goberno galego inicia os trámites necesarios para facer realidade a tan necesaria e esperada ampliación integral deste centro hospitalario sito en Burela, o que permitirá que incorpore novos servizos como os de oncoloxía ou cirurxía vascular, un hospital de dia ou una unidade máis ampla de diálise, ademais de manter por suposto as unidades de maternidade e neonatos. MENOS DESPRAZAMENTOS E MÁIS SERVIZOS Os populares insisten finalmente que a Xestión Integrada ten demostrado alí onde se aplica (Ourense, Barbanza, Ferrol) que achega máis servizos ao pacientes e que evitará desprazamentos a Lugo, e polo tanto negan con rotundidade que vaia a reducirse a capacidade de atención do Hospital da Costa. A experiencia das estruturas de Xestión Integrada en funcionamento, como é o caso de Ourense, teñen demostrado que nos hospitais comarcais non só non se ten eliminado ningún servizo ou unidade, senón que se ampliou a carteira de servizos sen que teñan que desprazarse os pacientes. Así por exemplo no Barco, dende que se estableceu a Estrutura de Xestión Integrada desprázanse especialistas de neuroloxía e dixestivo, e son os especialistas en dixestivo os que fan alí as endoscopias. Ademais, achegáronse as unidades de quimioterapia e diálise ao domicilio do paciente e potenciouse a telemedicina con consultas de telecardio e telenefroloxía; así cando por algunha incidencia hai necesidade de cubrir a un profesional faise de forma áxil, como ocorre coas consultas de cardioloxía.  

Radio en directo COPE
  • item no encontrado

En directo 2

Directo Herrera en COPE

Herrera en COPE

Con Carlos Herrera

Escuchar
Directo TRECE Al Mediodía

TRECE Al Mediodía

Con Marco Chiazza y Lucía Crespo

Ver TRECE