• Miércoles, 24 de abril 2024
  • ABC

COPE

Noticias

Mariña |

La Consellería de Trabajo impulsa la contratación de medio centenar de personas perceptoras del RISGA en los ayuntamientos de la Mariña

La delegada territorial de la Xunta en Lugo, Raquel Arias, destacó que la financiación llegará a todos los ayuntamientos del área que lo han solicitado y cumplen con los requisitos En concreto, pueden contratar personal al amparo de este programa de la Xunta los ayuntamientos de Cervo, Viveiro, Burela, Foz, Ribadeo, Ourol, Xove, O Vicedo y Barreiros.

cope.escope.es

Tiempo de lectura: 2'Actualizado 10 abr 2017

Así o explicou a delegada territorial, Raquel Arias, que avanzou que a Consellería de Traballo e Benestar investirá na provincia de Lugo máis de 1,3 millóns de euros para que un total de 36 concellos poidan contratar a máis de 150 perceptores da RISGA. Arias sinalou que, dado o resultado positivo do ano pasado, a consellería introduciu este ano algunhas novidades co fin de chegar ao máximo de persoas posibles. Por iso duplicouse o  orzamento global destinado a esta orde de axudas e abriuse o abano de beneficiarios, ao eliminar o requisito de ter unha antigüidade de 6 meses. Os beneficiarios, que serán contratados polos concellos, deberán estar inscritos no Servizo Público de Emprego de Galicia (SPEG) e seguirán tendo preferencia aquelas persoas que estean comprometidas coa realización dun itinerario sociolaboral, así como aos que contan con cargas familiares. Ademáis, na provincia de Lugo, os contratos realizaranse polo 75% da xornada laboral –a orde recolle entre un 50 e un 75%-, para que os beneficiarios disfruten da xornada máxima que recolle a orde. Todos os contratos terán unha duración de 7 meses e deberán estar vinculados á realización de obras ou servizos de interese xeral e utilidade social, que serán decididos polos propios concellos A Consellería, ao igual que o ano pasado, volverá sufragar o total dos custes salariais dos traballadores, incluída a cotización á Seguridade Social. Outras iniciativas Esta convocatoria inscríbese na aposta da Consellería por traballar a prol da inclusión activa dos colectivos máis vulnerables. Por exemplo, nesta mesma liña enmárcanse outras dúas ordes de emprego como a orde de obradoiros de emprego, que para este ano prevé unha reserva do 20% das prazas totais para os preceptores da RISGA, sempre que haxa candidatos que o fagan posible. Pola súa banda, os Plans integrados de emprego disporán por primeira vez dunha tipoloxía de programa específico para os beneficiarios da RISGA. Neste caso, os custos subvencionables por participantes serán máis altos que nos ordinarios. A aposta pola inclusión reflíctese non só nas ordes concretas, senón tamén a nivel normativo e de planificación. Así, en 2013, aprobouse unha nova Lei de inclusión Social de Galicia, un marco legal mellorado e actualizado que articula unha nova RISGA dividida en tres tramos para estimular e favorecer a inserción laboral. A inclusión activa é tamén un dos piares fundamentais na nova Estratexia de Inclusión Social, que se aprobou en decembro, e que contará con máis de 521 millóns de euros de orzamento e máis de 300 medidas concretas.

Radio en directo COPE
  • item no encontrado

En directo 2