También en directo
Ahora en vídeo
  • megabanner_1:No existe configuración de publicidad para el slot solicitado
Ribadeo |

Congreso del PP de Ribadeo el sábado 4 de mayo

Una vez celebrado el congreso provincial del PP ahora toca renovar los comités locales, en Ribadeo será el sábado 4 de mayo cuando la militancia dará su apoyo al único candidato presentado a la presidencia del PP en Ribadeo. Jesús López Penabad (41 años), ingeniero técnico forestal, fue concejal entre del 2007 al 2011 y actualmente ya estaba al frente de la gestora creada por el PP cuando la destitución de José Carlos Rodríguez Andina.

O Partido Popular de Ribadeo celebrará o seu Congreso local o sábado 4 de maio logo da convocatoria oficial por parte da dirección provincial. Nel poderán participar -co seu voto directo- todos os militantes da formación política ribadense que estean ao corrente das súas cotas de afiliación. A apertura deste proceso de elección democrática permitirá que os afiliados escollan ás persoas que formarán parte da dirección do Partido Popular a nivel local e marquen a estratexia política a desenvolver nos vindeiros anos, coa vista posta nas próximas citas electorais e, moi especialmente, nas municipais, onde teñen o reto de acadar a alcaldía. En maio de 2012 constituíuse, conforme ao previsto nos estatutos do partido e con carácter provisional, a Xestora do PP de Ribadeo co obxectivo de impulsar a acción política local e abrir o proceso de renovación que concluirá coa elección directa da nova dirección. O Congreso local do PP de Ribadeo é a primeira cita a nivel local convocada polo Partido Popular de Lugo logo da celebración do seu congreso provincial no que resultou reelixido Jose Manuel Barreiro como presidente lucense.   Jesús Lopez Penabad será o único candidato á presidencia do Partido Popular de Ribadeo. O actual presidente da Xestora local aspira a seguir liderando á formación política co respaldo do Congreso que se celebrará o sábado 4 de maio as doce na Casa do Mar e no que o conxunto da militancia poderá escoller de xeito directo á nova dirección. FORMACIÓN E EXPERIENCIA POLÍTICA Natural de Ribadeo ten 41 anos. Jesús Lopez Penabad é Enxeñero técnico forestal pola Universidade de Santiago de Compostela (campus Lugo) coa especialidade de Explotacións Forestáis. Afiliado ao Partido Popular desde 2004, foi concelleiro na corporación de Ribadeo durante o período 2007 a 2011 e actualmente preside a Xestora local.

Lo más visto