También en directo
Ahora en vídeo
  • megabanner_1:No existe configuración de publicidad para el slot solicitado
Ribadeo |

La comisión pro residencia de la tercera edad quiere conocer el grado de compromiso real de la Xunta

El alcalde de Ribadso, Fernando Suárez, solicita la celebración de una nueva entrevista con Beatriz Mato para que puede explicar el compromiso de la Xunta con Ribadeo y con la infraestructura de la residencia de la tercera edad.

Hai unha semana que a comisión pro residencia da terceira idade en Ribadeo solicitou unha entrevista coa conselleira Beatriz Mato, despois de estudar e analizar a proposta realizada no seu día pola Xunta. A comisión está a traballar e a pretender o mellor para Ribadeo, segundo o alcalde, Fernando Suárez, que engade que “chegou o momento de ver o grao de compromiso do goberno autonómico con esta demanda tan importante para o noso concello”. O rexedor sinalou que “desde o Concello de Ribadeo, concretamente desde a comisión que está traballando por unha residencia para maiores en Ribadeo estamos agardando a que a Xunta nos reciba novamente, dado que xa a semana pasada solicitamos entrevista coa conselleira de Traballo e Benestar, tal e como nos comprometéramos nunha xuntanza anterior celebrada hai varios meses, onde ela nos dera unha proposta. Despois de analizala e estudala estamos en condicións de volvernos a xuntar con ela”. Fernando Suárez indicou que “en todo este tempo a comisión estivo e está traballando e cónstame que todos os representantes dela, de todas as formacións políticas con presenza na Corporación Municipal e máis da plataforma de asociacións de veciños, estamos a pretender o mellor para Ribadeo e que en definitiva que Ribadeo teña unha residencia de maiores. Eu creo que con tres pretensións: primeiro, que sexa en Ribadeo, pero non menos importante que sexa preferentemente para os veciños e veciñas de Ribadeo; e en último lugar, pero tampouco menos importante, que sexa a prezos asumibles para as súas pensións, que en Ribadeo non son desgraciadamente demasiado altas”. O alcalde considera que “é por iso importante para Ribadeo que se celebre canto antes esta xuntanza para saber de primeira man o grao de compromiso real da Xunta con Ribadeo, porque vemos que o tempo vai pasando, as circunstancias socioeconómicas para todos e tamén para as administracións que poidan estar implicadas seguramente cada vez van ir a peor. Polo tanto se hai interese real é hora de ir poñendo xa os compromisos enriba da mesa”.  

Lo más visto