• Viernes, 29 de marzo 2024
  • ABC

COPE

Noticias

Burela |

El Colectivo Cultural Buril renuncia a la subvención concedida por el ayuntamiento para este año

Buril no ha participado en la firma de los convenios por no estar de acuerdo en la forma de conceder las subvenciones, porque están pendientes de una reunión con el alcalde y por no estar de acuerdo en que las asociaciones paguen por utilizar instalaciones municipales

cope.escope.es

Tiempo de lectura: 1'Actualizado 09 may 2017

Entendemos que as subvencións públicas deben ser concedidas en base a uns criterios transparentes e deben garantir a libre concorrencia e a igualdade de condicións para todas as entidades asociativas da vila. Neste sentido, manifestamos o noso total desacordo con que se concedan exclusivamente e con carácter xeral, subvencións de carácter nominativo, sen que se coñezan os criterios polos que se conceden estas axudas e sen que haxa unhas bases públicas que rexan o proceso. En 2013 o Concello de Burela concedeu con carácter extraordinario e de xeito discrecional, subvencións a distintas entidades de Burela, ficando o noso colectivo fóra das axudas concedidas. O Buril e outras asociacións de Burela, solicitamos en data 6 de novembro, unha reunión ao Alcalde para coñecer os motivos polos que fomos excluídos das axudas. A día de hoxe, aínda non fomos recebidos nin se nos comunicou nada a este respeito. O Buril ten aportado máis de 100 € polo uso de instalacións municipais para a realización de distintas actividades durante os dous últimos anos, tendo documentos xustificativos que así o acreditan. Manifestamos, como xa o fixemos no seu día nas reunións que mantivemos coa Alcaldía e coa Delegación de Cultura, o noso total rexeitamento a que as asociacións que desenvolvemos a nosa actividade en Burela con fins non lucrativos, teñamos que pagar taxas polo uso de instalacións municipais, que xa sufragamos todos os veciños e veciñas cos nosos impostos. A este respeito, demandamos unha modificación da Ordenanza fiscal Nº 23 reguladora da taxa pola ocupación de edificios ou dependencias propiedade deste concello. Polos motivos arriba indicados, o Colectivo Cultural Buril presenta a súa renuncia á axuda concedida polo Concello por importe de 500 € en base ao exercicio orzamentario 2014, co desexo de que esta cantidade de diñeiro sexa destinada a fins sociais.

Radio en directo COPE
  • item no encontrado

En directo

Vía Crucis de Penitencia desde Ávila

Especial de Semana Santa

Reproducir
Directo Vía Crucis de Penitencia desde Ávila

Vía Crucis de Penitencia desde Ávila

Especial de Semana Santa

Escuchar