• Jueves, 28 de marzo 2024
  • ABC

COPE

Noticias

Mariña |

CIG-Saude denuncia al SERGAS por destruir pruebas diagnósticas y con ellas el historial clínico de los pacientes

El sindicato CIG-Saude ha solicitado al Valedor do Pobo que realice las actuaciones pertinentes para determinar si la medida adoptada por el SERGAS, de destruir pruebas diagnósticas, es contraria a la normativa vigente. El Servicio Galego de Saúde aclara que no han destruido ninguna prueba diagnóstica contraria a la normativa vigente. Tan sólo se han destruido las radiografías físicas con más de cinco años de antigüedad, con el f in de liberar espacio en el archivo de historias clínicas del Hospital da Costa para poder crear el servicio de Oncología, tan demandado por la sociedad mariñana

cope.escope.es

Tiempo de lectura: 3'Actualizado 09 may 2017

Denuncian desde CIG que na Área de Xestión Integrada de Lugo, que abrangue as áreas sanitarias de Lugo, Monforte e Burela, non están dispoñíbeis nin as exploracións radiolóxicas, nin o respectivo informe clínico e que desde o Hospital da Costa (Burela) informouse ás/aos profesionais que decidiran queimalas porque dixitalizalas saía moi caro. As/os profesionais do hospital da Costa informaron á CIG-Saúde de que a destrución das probas radiodiagnósticas foi comunicada polo Xerente da EOXI de Lugo,  SR. Quintans, nunha xuntanza que mantivo cos xefes de unidade e servizo dos FEAS neste hospital. Unha xuntanza na que se lles explicou que inicialmente estaba previsto dixitalizar estas probas pero que, como saía moi caro, finalmente decidiran queimalas, deixando ao persoal facultativo sen acceso aos arquivos históricos dos/as doentes. A CIG-Saúde considera que a valoración continuada dun proceso asistencial é fundamental para que o persoal facultativo poida facer un traballo de calidade e segundo a interpretación que fai da normativa vixente, “non se pode destruír ningunha documentación ou proba clínica, máxime cando o proceso segue sometido a revisión médica”. A federación tamén recibiu información de que no hospital do Barbanza (Riberia) tamén se levou a cabo  a medida de destruír probas diagnóstica. Entenden que isto provoca unha situación de desprotección nas/os doentes, ao non poder ter completo o seu historial médico, “só por causa de que a administración sanitaria quer aforrar, sen valorar as consecuencias negativas desta medida”. Lembra que en Galiza o historial clínico está lexislado pola Lei 3/2001, do 28 de maio, reguladora do consentimento informado e da historia clínica das/os pacientes. Esta lei recolle no seu artigo 20.- Conservación, que: 1.-A historia clínica deberá conservarse en condicións que garantan a preservación da información asistencial que contén, aínda que non se manteña no soporte orixinal no que se xerou, coas cautelas que se establezan regulamentariamente para evitar a manipulación de datos cando non se manteña o devandito soporte orixinal. 2.-Conservarase indefinidamente a seguinte información: -Informes de alta. -Follas de consentimento informado. -Follas de alta voluntaria. -Informes cirúrxicos e/ou rexistros de parto. -Informes de anestesia. -Informes de exploracións complementarias. -Informes de necropsia. -Folla de evolución e de planificación de coidados de enfermería. -Outros informes médicos. -Calquera outra información que se considere relevante para efectos asistenciais, preventivos, epidemiolóxicos ou de investigación. -A información daquelas historias clínicas nas que a conservación sexa procedente por razóns xudiciais. 3.-O resto da información conservarase, como mínimo, ata que transcorran cinco anos desde a última asistencia prestada ó paciente ou desde o seu falecemento. Resposta dende o SERGAS Ante as novas acusacións realizadas por CIG-Saúde sobre a destrucción de probas diagnósticas no Hospital da Costa, o Servizo Galego de Saúde desexa aclarar os seguintes aspectos: 1.- O Servizo Galego de Saúde non destruiu ninguna proba diagnóstica contraria á normativa vixente. Tan só se destruiron as radiografías físicas con máis de cinco anos de antigüidade, coa fin de liberar espazo no arquivo de historias clínicas do Hospital da Costa para poder crear o Servizo de Oncoloxía, tan demandado pola sociedade de A Mariña. 2.- Tal e como coñece, ou suponemos que debe coñecer o sindicato CIG-Saúde, a lexislación vixente obriga a conservar a historia clínica do paciente, así como os informes de alta, informes cirúrxicos, informes de anestesia, consentimentos informados ou informes de probas complementarias. Nembargantes, no que atinxe ás radiografías, a lei só esixe a súa conservación física durante un período de cinco anos, a partires do cal, poden ser destruídas (algo que acontece na maioría dos centros sanitarios, posto que, do contrario, o volumen de documentación clínica sería inxente). 3.- O que sí obriga a conservar a lei, e se conservou, como non podía ser doutro xeito, é o informe clínico que acompaña a esa radiografía. A lei confía no xuízo clínico dos especialistas en radiodiagnóstico e nos informes que emiten ao respecto desas probas, cousa que non parece facer a central sindical CIG-Saúde. 4.- Así pois, insistir que o Sergas conserva o informe de cada unha desas radiografías, xa que a lei identifica o informe como parte da historia clínica, pero non a radiografía en si mesma. 5.- O Servizo Galego de Saúde cumpliu estrictamente ambos preceptos lexislativos: consérvase o informe de cada unha das  radiografías e conservouse a radiografía durante, alomenos, cinco anos. 6.- Aínda así, no caso das mamografías, non se destruiu ninguna e todas elas foron incluidas na historia clínica das pacientes, ademais do seu correspondente informe. O Servizo Galego de Saúde prega á central sindical CIG-Saúde que deixe de alarmar aos cidadáns de A Mariña con acusacións falsas e facendo uso continuo da demagoxia nos asuntos relacionados coa Sanidade pública nesta zona.

Radio en directo COPE
  • item no encontrado

En directo 2

Directo Herrera en COPE

Herrera en COPE

Con Carlos Herrera

Escuchar