También en directo
Ahora en vídeo
  • megabanner_1:No existe configuración de publicidad para el slot solicitado
Mariña |

CIG Saude apoya la movilización convocada para el 19 de marzo en Burela

La Plataforma en Defensa de una Sanidad Pública ha convocado una movilización para el jueves 19 marzo a las ocho de la tarde en el Hospital da Costa. El sindicato nacionalista asume como propias las demandas de la Plataforma porque en la defensa de una sanidad pública, universal y de calidad estamos todos.
  • cope.es
  • cope.es

CIG Saúde A Mariña decidiu apoiar a mobilización convocada para o 19 de marzo ás oito da tarde na Hospital da Costa de Burela porque compartimos a demanda de contar na comarca da Mariña cunha sanidade pública, universal e de calidade para as mais de 70.000 persoas que vivimos na comarca. Vemos como se recorta persoal sanitario, como se derivan probas e pacientes a outros hospitais fora da comarca, como se perden prazas de persoal sanitario nos centros de saúde nos que aumentan as listas de espera, como a comarca perde autonomía de xestión para ser dirixida a 100 kms. de distancia por persoas que non entenden nin comparten as características propias da Mariña, que obrigan a seguir contando cun hospital coas características e servizos dun hospital xeral e non comarcal como pretenden desde a actual dirección provincial. A federación da saúde comparte a demanda de derrogar o decreto de xestión integrada provincial e reclama a creación dunha área de xestión integrada propia para a Mariña, reclama un cambio nas políticas de recortes en materia sanitaria para evitar o colapso dos servizos en asistencia primaria e especializada e demanda que a administración deixe de alimentar con fondos públicos a sanidade privada en detrimento do sistema público. Por último confirmamos o noso apoio ao conxunto da táboa reivindicativa que motiva a mobilización do día 19, anunciamos a nosa presenza nesta manifestación e animamos a todo o cadro de persoal do noso hospital e centros de saúde e ao conxunto da sociedade mariñá a apoiala porque na defensa da sanidade pública estamos todos e todas.

Lo más visto