También en directo
Ahora en vídeo
  • megabanner_1:No existe configuración de publicidad para el slot solicitado
Mariña |

La CIG llama a la movilización del miércoles a las 11:00 horas delante del Hospital da Costa

El Área Pública de CIG denuncia que los presupuestos de la Xunta para el 2015 avanzan en el desmantelamiento de los servicios públicos y consideran que no permitirán recuperar ni empleo ni salarios. Desde el sindicato animan a los empleados públicos a que se movilicen el miércoles 12 de noviembre a las 11:00 horas delante del Hospital da Costa en Burela. Con esta movilización el Área Pública de la CIG  demanda un cambio en las políticas neoliberales del ejecutivo gallego, la supresión de tasas que ahogan a los servicios públicos  y la devolución de la paga extra.

Neste sentido denunciaron que nos últimos 5 anos as empregadas e empregados públicos perderon un 30,9% do seu poder adquisitivo. Unha situación que se mantén nestes orzamentos que, denunciaron, se limitan a recoller as liñas marcadas desde Madrid agás en aspectos como os retributivos, para os que a Xunta ten competencias que usa para manter a redución das pagas extra, a diferenza do persoal dependente da administración do Estado. Para a Área Pública queda claro que a pretensión do executivo galego é ir desmantelando os servizos públicos. Só así se explica que desde o ano 2009 os orzamentos destinados ao ensino público diminuíran en 660 millóns de euros, o que ten provocado carencias que se evidenciaron especialmente ao comezo deste curso escolar, sobre todo coa falta de profesorado.  A este respecto, a CIG-Ensino denunciou que é absolutamente insuficiente a taxa de reposición do 50%, máis cando desde 2009 se produciron 4.000 xubilacións de profesores/as e só se ofertaron neste período, para suplilos, un total de 585 prazas. Ante esta situación, para a CIG-Ensino é esencial que, como mínimo, a oferta de emprego sexa en igual número ás vacantes que, por xubilación ou outros motivos, se produzan e para todos os niveis educativos. Alén da falta de profesorado, a CIG-Ensino denuncia que a redución orzamentaria vai provocar que se amplíen as diferenzas sociais ao reducirse os servizos complementarios e a atención ás necesidades especiais, porque poderán acceder a estes servizos quen teñan cartos para asumir o seu custo. Porén, destínanse 250 millóns de euros para o ensino privado concertado. Os orzamentos en Sanidade tamén sufriron unha diminución, desde o ano 2009, en 400 millóns de euros. Unha cantidade que para a CIG-Saúde non se compensa cos 11 millóns que se incrementan para o 2015. Máis cando entende que, en realidade, estes 11 millóns de euros irían destinados a pagar os canons das privatizacións. Fronte a isto, a CIG-Saúde alerta da diminución dos orzamentos destinados a Atención Primaria, Protección e Promoción da Saúde Pública, a Investigación Sanitaria e a formación de graduados e postgraduados.  A CIG-Saúde sostén, ao igual que a CIG-Ensino, que a taxa de reposición do 50% é completamente insuficiente xa que entre 2011 e 2014 produciuse unha amortización de máis de 3.000 prazas.

Lo más visto