• Jueves, 25 de abril 2024
  • ABC

COPE

Noticias

Mariña |

La CIG-Ensino denuncia que educación recorta el 20% en gastos de funcionamiento de los centros públicos de secundaria

Un estudio realizado por CIG-Ensino demuestra que la Consellería de Educación recorta en 21 centros de enseñanza de secundaria en más de un 20% la partida destinada a gastos de funcionamiento. En la Mariña los más afectados son el IES Perdouro de Burela y el IES Maria Sarmiento de Viveiro Desde CIG-Ensino exigen al PP que detenga su empeño por desmantelar la enseñanza pública, porque supone el incremento de las desigualdadses sociales.

cope.escope.es

Tiempo de lectura: 3'Actualizado 26 may 2017

En 123 centros de ensino de Secundaria, do total de 334  -o que representa un 36,82 % do total de Institutos de Educación Secundaria, Centros Integrados de Formación Profesional e Centros Públicos Integrados - a porcentaxe de recorte nesta partida supera o 9%. Este é o cadro ilustrativo dos recortes en porcentaxes:   Número de centros Porcentaxe de recorte 21 Do   9% ao 10% 19 Do 10% ao 11% 14 Do  11% ao 12% 13 Do 12% ao 13% 8 Do 13% ao 14% 6 Do 14% ao 15 % 8 Do 15% ao 16% 4 Do 16% ao 17% 3 Do 17% ao 18% 5 Do 18% ao 19% 1 Do 19% ao 20% 21 máis do 20%     Na Mariña, os centros máis afectados por estes recortes son o IES Perdouro de Burela e o IES María Sarmiento de Viveiro. O primeiro sofre un recorte de máis dun 15,50 % con respecto ao ano 2012 (26.364 euros menos) e o segundo case un 13% (20.631 euros menos). A maioría destes recortes prodúcense en pequenas vilas e poboacións do rural. Na provincia de Lugo a redución aféctalle a máis de 15 centros e existen casos sangrantes como o centro integrado de Navia de Suarna onde se reduce nun 54,83 %. A CIG-Ensino xa denunciara que no ano 2012, a partida destinada ao gasto de funcionamento destes centros foi de 31.108.000 de euros fronte aos 28.336.500 deste ano 2013. A este decrecemento do 9% respecto do ano 2012 habería que lle engadir o incremento dos prezos dos gastos que os centros teñen que facer fronte con esta partida, pois a calefacción, a luz, a auga, gastos de departamentos, material fusíbel, trasporte para actividades complementarias etc. tiveron unha suba importante en relación ao exercicio anterior.   A Consellaría con estes recortes persiste na súa cruzada contra o ensino público que impedirá o funcionamento normal dos centros e suporá un deterioro no desenvolvemento escolar e , mesmamente, na calidade do ensino. Téñase en conta que este estrangulamento faise aínda máis grave porque no ano 2012 os centros xa padeceron outro importante recorte na partida destinada a gastos de funcionamento e que estes recortes reduciran as partidas de moitos centros en máis de 20.000 euros polo que tiveron que restrinxir moito o gasto por exemplo de calefacción coas consecuencias que isto ten para o alumnado e para o desenvolvemento normal das clases lectivas. O PP non ten cancelas na súa política educativa de desmantelamento constante e de redución das necesidades dos centros públicos, mentres malgasta diñeiro público en satisfacer os seus postulados ideolóxicos mediante o desvío de 240 millóns de euros ao ensino privado concertado, 3 millóns a centros que segregan alumnado por razón de xénero de forma anticonstitucional, 29 millóns para pagar profesorado de relixión ou máis de 200.000 euros en gastos extra para os centros privados destinados a servizos que non teñen os centros públicos. Cada día, a Consellaría de Educación anuncia un novo recorte no ensino público  como son a ampliación do copago nos comedores escolares, a redución do profesorado, a non cobertura das baixas de menos de 15 días, o recorte de prazas para comedores, os recortes de gastos para bibliotecas escolares, formación do profesorado, actividades extraescolares, normalización lingüística, intercambios, etc, etc. Agora, con este novo recorte moitos centros terán serias dificultades para o seu funcionamento diario por non poder afrontar gastos que son necesarios como por exemplo en calefacción. A CIG-Ensino exíxelle  ao PP que deteña o seu empeño en desmantelar o ensino público porque isto supón, entre outras cousas, o incremento das desigualdades sociais e, polo tanto, que as consecuencias as paguen os máis desfavoricidos.  

Radio en directo COPE
  • item no encontrado

En directo 2

Directo Mediodía COPE

Mediodía COPE

Pilar García Muñiz

Escuchar
Directo TRECE Al Mediodía

TRECE Al Mediodía

Con Marco Chiazza y Lucía Crespo

Ver TRECE