• Viernes, 19 de abril 2024
  • ABC

COPE

Noticias

CHARLA | La Plataforma en Defensa de la Sanidad Pública organiza charlas informativas en las principales villas de la comarca. La primera será este jueves 7 de febrero a las 20:00 horas en Viveiro.

cope.escope.es

Tiempo de lectura: 2'Actualizado 27 may 2017

A Plataforma na Defensa da Sanidade Pública da Mariña prepara charlas informativas nas vilas mais poboadas da comarca para informar das intencións da Consellaría de Sanidade de implantar na provincia de Lugo o modelo de Xestión Integrada que xa funciona noutras provincias galegas e que foi paralizado en Lugo pola contestación social da Mariña e Monforte que non queren perder a calidade asistencial. Recortes brutais no orzamento do SERGAS PARA 2013. Para a Plataforma os recortes brutais no orzamento do SERGAS para 2013 non agoira boas noticias xa que tanto  en sanidade primaria con 12,7 millóns de euros de recorte en relación a 2012 para a provincia e 2,25 no Hospital da Costa poñen en cuestión o mantemento da calidade asistencial en PACs e Centros de Saúde  así como no Hospital da Costa que reduce considerabelmente a partida para persoal. E botan un xarro de auga fría sobre aqueles que creron nas promesas de Núñez Feijoo sobre a ampliación deste centro hospitalario. O Hospital da Costa está colapsado por falta de espazo A Plataforma denuncia que hai áreas do centro hospitalario mariñao que rexistran cotas de saturación mais propias do terceiro mundo e poñen o exemplo da área de urxencias onde os pacientes están repartidos por pasillos e salas de agarda nunha situación impropia dun país avanzado. Dende a Plataforma poñen por diante o bo traballo dos e das profesionais que fan o que poden e responsabilizan aos xerentes do SERGAS da ausencia de compromiso material para ampliar o centro hospitalario. O xoves 7 ás 20:00 ha Sal Multiusos do Concello de Viveiro primeiro acto informativo A Plataforma iniciará este xoves, 7 de febreiro na localidade de Viveiro unha serie de actos informativos, o acto terá lugar na Sal Multiusos do Concello de Viveiro ás 20:00hrs. e contará coa presenza de representantes da Plataforma que informarán dos efectos do modelo de xestión integrada, recortes orzamentarios para 2013 e do perigo dunha privatización sanitaria aínda mais acentuada como xa estamos vendo en comunidades como  a Madrileña.

Radio en directo COPE
  • item no encontrado

En directo

La Tarde

Pilar Cisneros y Fernando de Haro.

Reproducir
Directo La Tarde

La Tarde

Pilar Cisneros y Fernando de Haro.

Escuchar