• Jueves, 25 de abril 2024
  • ABC

COPE

Noticias

CHARLA | La Asociación Gallega Amarante presenta en Ribadeo los viajes solidarios 2013 "Xanela Aberta ao Sur"

cope.escope.es

Tiempo de lectura: 1'Actualizado 26 may 2017

A Asociación galega AMARANTE Setem organiza dende hai 12 anos o programa de educación ao desenvolvemento Xanela aberta ao Sur, na que se da a posibilidade de que os galegos e galegas coñezan de perto o traballo das organizacións do Sur e a cooperación e solidariedade entre ás organizacións de distintos países.

Para dar a coñecer esta experiencia persoas que viaxaron este verán a estes países estarán este venres 8  de febreiro  ás 19:00 horas na tenda - bar de produtos ecolóxicos “A modiño”.

Nesta charla presentarase o programa formativo e as persoas que estiveron coas organizacións este verán falarán das súas experiencias e o traballo durante a súa estadía coa organización de mulleres do téxtil en Tánxer, Attawassoul, en Ecuador coas comunidades produtoras da organización MCCH, e en Brasil co Movemento dos Sem Terra e como iso fomentou a súa solidariedade e sensibilización sobre as causas da pobreza e o traballo diario das persoas para saír adiante e construír un mundo máis xusto.

Para tódalas persoas que estean interesadas en realizar esta formación e experiencia, AMARANTE xa abriu o período inscrición que será dende 1 de febreiro e ata o 14 de marzo.

Para inscribirte ou pedir máis información: educacion@amarantesetem.org

No Blog do Xanela http://amarantesetem.org/xanela.

Xanela Aberta ao Sur pretende propiciar un espazo de encontro, reflexión e debate que permita un achegamento, tanto ás realidades dos países do Sur como á propia realidade no Norte, para contribuír, a través dunha participación activa, ao desenvolvemento persoal e á formación dunha conciencia crítica e transformadora. Este proxecto está financiado pola Subdirección Xeral de Cooperación Exterior da Xunta de Galicia.

Radio en directo COPE
  • item no encontrado

En directo

Directo Poniendo las Calles

Poniendo las Calles

Con "El Pulpo"

Escuchar