• Martes, 16 de abril 2024
  • ABC

COPE

Noticias

Cervo | "Viernes gastronómicos" iniciativa de Caseto de Copa, Pousada O Almacén, Río de Oro, Bar O Zoco e Bar de Figuerido; con la colaboración del Ayuntamiento. Este viernes dedicado a las setas

cope.escope.es

Tiempo de lectura: 1'Actualizado 26 may 2017

O Concello de Cervo colabora con cinco establecementos hostaleiros das parroquias de Cervo e Sargadelos na posta en marcha dos Venres Gastronómicos, unha iniciativa a través da cal os locais participantes exaltarán diferentes produtos utilizando a fórmula das tapas. Caseto de Copa, Pousada O Almacén, Río de Oro, Bar O Zoco e Bar de Figuerido son os establecementos nos que se poderán degustar os diferentes pratos, que terán un prezo módico. Este venres día 22 os cogomelos serán o produto base de cada unha das tapas que prepararán os locais e que se servirán entre as 20:30 e as 23:30 horas. Pero ademais de probar as diferentes especialidades, os clientes poderán participar no sorteo de produtos gastronómicos. Nesta ocasión o sorteo realizarase no Caseto de Copa ás 23:45 horas. Os Venres Gastronómicos son unha iniciativa dos cinco locais participantes que contan co apoio do Concello de Cervo. A edil de Turismo explica que esta medida “tiene como objetivo dinamizar la hostelería del municipio y apoyar la economía local recurriendo siempre a productos típicos de la zona, de temporada y de calidad”. Una “opción atractiva y apetecible que al mismo tiempo sirve para mostrar las grandes posibilidades de nuestra gastronomía” engade Alonso. A intención dos establecementos é poñer en marcha estas xornadas de forma periódica, buscando darlle continuidade no tempo. De feito, os cinco locais traballan xa na organización dos seguintes Venres Gastronómicos e na elección dos produtos de temporada aos que se dedicarán

Radio en directo COPE
  • item no encontrado

En directo 3

Tiempo de Juego

Con Paco González, Manolo Lama y Juanma Castaño

Reproducir
Directo Tiempo de Juego

Tiempo de Juego

Con Paco González, Manolo Lama y Juanma Castaño

Escuchar