• Miércoles, 24 de abril 2024
  • ABC

COPE

Noticias

CERVO | Un total de 14 bares y restaurantes de San Ciprián ofrecerán sus platos especiales para la XXII Fiesta del Erizo que se celebrará el 9 de marzo

cope.escope.es

Tiempo de lectura: 2'Actualizado 26 may 2017

A Concellería de Turismo deu a coñecer hoxe o número de establecementos de hostalería que participarán na XXII Festa do Ourizo que se celebra o próximo 9 de marzo en San Ciprián. En total serán 14 os bares e restaurantes da vila os que ofrezan os seus mellores pratos cociñados co ourizo como ingrediente principal. Cabe destacar que o nivel de participación nesta Festa de Interese Turístico Galego vense mantendo estable nos últimos anos, contando nesta ocasión cun local máis que na anterior edición.

O alcalde de Cervo, Alfonso Villares, a edil de Turismo, Begoña Alonso, e o edil de Seguridade Cidadá, José Ramón Soto reuníronse esta mañá cos hostaleiros participantes para perfilar os últimos detalles da organización e para entregarlles os carteis que xa comezarán a ser distribuídos co obxectivo de promocionar a festa.

Uns establecementos de restauración que prepararán o equinodermo tanto nas súas formas máis habituais como con fórmulas innovadoras e orixinais e combinado con alimentos e ingredientes do máis dispares. Hai que ter en conta ademais que moitos dos locais decidiranse a participar no XII Concurso de Gastronomía, no que se valora a creatividade, o sabor ou a presentación entre outros criterios. O ano pasado http://ow.ly/hWQUM foron 6 os locais que concorreron cun total de 11 pratos (cada establecemento podía presentar un máximo de dous). Unha edición na que saíron gañadores a tapa “Ourizo e mar”, da Bodega, “Timbal de bacallau e ourizo”, do restaurante Buenavista, e “Ovo frito”, tamén da Bodega.

O ano pasado os locais serviron unhas 500 racións de ourizo procedente das augas da Mariña. Unha cifra que o Concello pretende incrementar coa programación de numerosos actos complementarios. “Este año habrá muchas novedades con el objetivo de darle un nuevo impulso a esta fiesta que nos permita seguir captando visitantes” explica Alonso. Un programa cunha forte vertente culinaria que se fará público nos próximos días e nas que o ourizo será o principal protagonista. 

Radio en directo COPE
  • item no encontrado

En directo

Directo Herrera en COPE

Herrera en COPE

Con Carlos Herrera

Escuchar