También en directo
Ahora en vídeo
  • megabanner_1:No existe configuración de publicidad para el slot solicitado

CERVO | San Román celebrará el carnaval el día 16 con reparto de más de 1.200 euros en premios. Organiza la Asociación de Mujeres Rurales As Espalladoras.

A parroquia de San Román celebra, como xa vén sendo habitual, a súa festa de Entroido, que inclúe un baile de disfraces coa orquestra Garibaldi, desfile e concurso. O evento terá lugar o sábado día 16 de febreiro a partir das 22:30 horas no pavillón de San Román de Vilaestrofe. O programa do Entroido foi presentado hoxe pola edil de Xuventude, Yolanda Pedreira, a de Igualdade, Pilar Armada e pola presidenta da asociación Mulleres Rurais As Espalladoras, Inés Cobas, entidade que organiza esta actividade na que colabora o Concello. O Entroido de San Román é unha tradición en Cervo á que acude numeroso público. Os premios tamén son un bo reclamo, e nesta ocasión vanse repartir 1.240 euros en total entre as categorías de individual, parellas e grupos no caso dos infantís, mentres nos adultos existen estas mesma categorías así como a de charangas instrumentais e comparsas formadas por máis de 10 persas. A contía dos premios varía segundo as categorías, de forma que as que se refiren a grupos máis numerosos optan a máis importe. Tamén se tivo en conta á hora de repartir as contías dos premios o aspecto animador e dinamizador das comparsas e das charangas. Dende o Concello convidan a “todas as persoas que desexen vivir unha noite de Entroido a que se acheguen ata San Román, tanto se queren participar no desfile e disfrazarse como se prefiren acudir a gozar do ambiente festivo que se consegue crear todos os anos” asegura a edil de Xuventude.  

Lo más visto