• Jueves, 25 de abril 2024
  • ABC

COPE

Noticias

CERVO | Rosa Quintana destaca el amento de la facturación en la primera venta del erizo en Galicia, que en el 2012 superó los 2 millones de euros

cope.escope.es

Tiempo de lectura: 2'Actualizado 27 may 2017

A conselleira do Medio Rural e do Mar, Rosa Quintana, destacou o aumento da facturación en primeira venda do ourizo, que nos últimos dous anos ascendeu un 14%, acadando no 2012 un valor de máis de 2 millóns de euros. Fíxoo durante a inauguración das XIII xornadas técnicas sobre o ourizo enmarcadas na XXII edición da festa que o concello de Cervo dedica a esta especie e nas que tamén participou a delegada territorial da Xunta en Lugo, Raquel Arias. A titular de Medio Rural e Mar atribuíu este incremento ás accións de promoción como a desta festa. A maiores, a conselleira sinalou que nos dous últimos anos a extracción deste equinodermo elevouse nun 11% e que no 2012 se extraeron na nosa comunidade máis de 700.000 quilos. No caso do ourizo vendido da Mariña destacou que nas lonxas mariñás o prezo medio desta especie é máis dun 8% superior ao de Galicia e vinculouno coa “calidade que aporta o ourizo destas costas”. Neste sentido, Rosa Quintana, incidiu na importancia da certificación do produto e animou ás confrarías e puntos de venda mariñaos á adopción da etiquetaxe do ourizo baixo o selo de calidade PescaDeRías, “porque tedes un produto de primeira, en cualidades produtivas e aptitudes culinarias”, salientou. Nesta liña indicou que “diferenciar un produto no mercado é clave, e apostar por chamar polo seu nome a un ben de calidade recoñecida de facto é fórmula de éxito seguro”. Durante a súa intervención a  titular de Medio Rural e Mar tamén fixo fincapé na importancia da unión entre sector, administración e científicos para levar adiante un plan de recuperación deste produto na costa da Mariña, “un plan de froitos lentos polo ciclo biolóxico da especie, pero estou segura que exitoso en termos de extracción e mesmo de experiencia”. Por último a conselleira dedicou agradecementos ao Concello, á organización, aos hostaleiros, aos colaboradores das xornadas e ao ao sector por seguir traballando.  

Radio en directo COPE
  • item no encontrado

En directo

Directo Poniendo las Calles

Poniendo las Calles

Con "El Pulpo"

Escuchar