También en directo
Ahora en vídeo
  • megabanner_1:No existe configuración de publicidad para el slot solicitado

CERVO | El PSOE recuerda a Pilar Armada que desde el 2009 hubo tiempo para hacaer las obras de Concepción Arenal y aluden a lo que se gasta el ayuntamiento en prensa y en carnavales. Armada reitera el compromiso del Gobierno Local con las asociaciones del

Os socialistas non entenden cómo a señora Pilar Armada, edil de obras do Concello de Cervo, “pode xustificar a súa pasividade con respecto ó arranxo urxente que precisa a rúa Concepción Arenal afirmando públicamente que o problema foron as condicións meteorolóxicas. Señora Armada, dende o ano 2009, ano no que anunciaron estas obras, xa escampou máis dunha vez”. Neste senso, engaden que “por se non fose boa esta disculpa, pretende que sexa a oposición quen se encargue de facer os labores de goberno. O seu partido goberna en Cervo, goberna a Xunta e tamén o goberno estatal e resulta que quen ten que facer “tódolos” arranxos é a Deputación de Lugo. E dicimos “todos” porque unha ampla porcentaxe das actuacións feitas no noso concello veñen da man do organismo provincial”. Dende o PSOE de Cervo subliñan que “o discurso do PP é tan incongruente como erróneo pois mentras onde gobernan se esconden baixo o paraugas da crise, esíxenlle a outras administracións que asuman os costes e arranxos que eles non fan a pesares de ser da súa competencia”. Os cartos non son disculpa Os socialistas lémbranlle á conselleira de obras que “un goberno ten que facer fronte ás súas responsabilidades antes de esixir axuda á administración que non as ten. Haberá que priorizar as necesidades dos veciños e non ter gran parte das vías municipais en estado de total abandono”. A isto suman que “o tema económico tampouco lle vale como disculpa porque neste Concello hai salarios para todo o equipo de goberno, uns directos e outros en "diferido", pero cobran todos. Incluso se lle está a pagar a unha persoa 1.900 euros ó mes por darlle autobombo e publicidade ó Partido Popular”.  Os membros do Grupo Municipal Socialista lamentan que o equipo de goberno “non teña cartos para manter as estradas municipais pero sí para festas e propagandas. Sen ir máis lonxe este último entroido gastamos a friolera de 12.000 euros. Por dar algún exemplo, existen facturas de orquestras por 2.057€, polo aluguer dunha carpa  5.112 euros ou o dun xerador 1.028 euros. Ó mellor en momentos de dificultade, hai que plantexarse que un concello de 4.480 habitantes non pode ter tres desfiles de entroido. Ningún outro municipio de A Mariña, a pesares de ter máis poboación, celebrou tres desfiles. E poderíamos seguir citando moitos máis casos da mala xestión do PP de Cervo”. Por último, pídenlle ó goberno popular que “se adique a traballar e a cumplir coas súas responsabilidades en lugar de buscar culpables da súa incompetencia”.   A edil de Obras, Pilar Armada, deulle as grazas ao grupo municipal socialista por “adiantarnos o seu programa electoral” ao propoñer ao goberno local “que suprima dous dos tres Entroidos que se celebran no municipio”. Armada asegura que “para os veciños é de moita utilidade coñecer as intencións dos socialistas” pero engade que “eles terán que darlles as explicacións oportunas aos organizadores sobre cales serían os Entroidos que eliminarían e cal manterían, así como os criterios que seguirían para tomar esta decisión”. Pola súa banda, a edil de Obras quixo agradecer ás asociacións que organizan os diferentes Entroidos e en xeral, a todas as entidades veciñais, “o seu traballo e o seu dinamismo, que contribúen a enriquecer a actividade do noso municipio”. Armada reiterou o compromiso do goberno local co tecido asociativo cervense e manifestou o seu obxectivo de “seguir colaborando con eles para poñer en marcha o Entroido e para todas aquelas actividades e iniciativas que redunden no beneficio de todos”. A edil explicou que os tres Entroidos que se celebran mo municipio “xorden da vontade colectiva dos veciños e, mentres se poida, e nestes momentos Cervo pode, manteranse por moito que o PSOE se opoña”. Armada engade que “a situación financeira e económica do Concello permite continuar con festas tradicionais como o Entroido, que teñen un impacto positivo na economía local, sempre a pesar da nula axuda da Deputación nesta e en todas as iniciativas” remata a concelleira.      

Lo más visto